[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

Educación Plástica e Visual

Samaín

O último día 31 de outubro celebramos o Samaín, unha das tradicións máis antigas que data xa da época dos celtas.

Cabazas, pasillos e aulas, todo adornado con moita creatividade e orixinalidade transportáronnos á noite do Samaín, mantendo viva esta tradición.

 

Pincha para ver os vencedores do concurso de cabazas

Programación do Departamento de Educación Plástica Visual e Audiovisual - curso 2018-19

No  enlace adxunto pódese consultar a programación do Departamento de Educación Plástica Visual e Audiovisual para o curso 2018/2019 

VISITA DE 1º ESO Á FUNDACIÓN MANOLO PAZ

O alumnado de 1º de ESO ven de gozar da visita á Fundación Manolo Paz, fundación dedicada á obra do escultor cambadés na que tamén se atopa o taller do artista.

http://www.fundacionmanolopaz.gal/

 

Manolo Paz 02

 

A visita, organizada polo departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual está enmarcada dentro do programa educativo EDUMOTIVACON da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

VISITA Á EXPOSICIÓN 10º PREMIO AUDITORIO DE GALICIA

O alumnado de 1º de ESO asistiu á saída didáctica organizada polo departamento de Ed. Plástica á mostra do 10º Premio do Auditorio de Galicia para novos artistas en Santiago de Compostela acompañados por Adolfo, Teresa e Isabel. Alí gozaron da visita guiada á exposición e posteriormente participaron nun taller para elaborar as súas propias creacións.

 

Conferencia do fotógrafo Felipe Carnotto sobre fotografía social.

Grazas ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, á Xunta de Galicia e ao Concello de Lousame, o alumnado de 3º de ESO e o de 4º que ten Educación Plástica, Visual e Audiovisual como materia optativa asistiu o pasado xoves 3 de novembro a unha interesante conferencia sobre fotografía social impartida polo fotógrafo Felipe Carnotto, gañador da anterior convocatoria do concurso fotográfico “Imaxes con Fondo” e creador da exposición “Nicaragua”.

Programación do Departamento de Educación Pástica, Visual e Audiovisual - curso 2016-17

No seguinte enlace pódese consultar a programación do Departamento de Educación Pástica, Visual e Audiovisual para o curso 2016-17.

CONCURSO DO LOGOTIPO DO NOSO CENTRO

Ao longo desta avaliación levouse a cabo un concurso para a elaboración do logo do CPI Cernadas de Castro. Queremos buscar unha imaxe representativa do noso centro e o noso concello.

Dende o Departamento de Educación Plástica e Visual déronse unhas recomendacións para elaborar un bo logotipo.

Podedes consultar as bases do concurso no documento adxunto. Anímate a participar!

Programación 2014-15 - Ed. Plástica e Visual

No seguinte enlace pódese acceder á programación didáctica do departamento da materia de Educación Plástica e Visual para o curso 2014-15

Distribuir contido