[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14

VISITAS A SANTIAGO

Este martes, 16 de abril, o alumnado de 1 de Ed. Primaria, 2º e 4º ESO compartía autobús rumbo a Santiago  acompañados polo seu profesorado.

Os máis pequenos, empezaron a mañá visitando o museo de Historia natural no que quedaron perplexos coa cantidade de insectos que viron e que descoñecían e non menos abraiados quedaron cos minerais que alí había. Como colofón, poder tocar as nutrías, aguias,... Pero non rematou aí a súa visita a Santiago, porque como verdadeiros locutores estiveron en  directo no programa Voces de Santiago dirixido por Alberto González a quen lle sacaron algún que outro sorriso.

Os de 2º ESO fixeron un percorrido polo casco antigo de Santiago con parada na Catedral e visita incluída  ao Pórtico da Gloria. A continuación, dirixíronse cara o Museo das Peregrinacións, onde levaron cabo un percorrido polas súas tres plantas e accederon ao miradoiro na parte superior gozando así dunhas vistas de Santiago pouco comúns.

Pola súa parte, o alumnado de 4º ESO iniciou a mañá no Instituto Galego de Estatística onde comprobaron de primeira man a cantidade de información que alí se manexa e a importancia de participar nas enquisas para a recollida de datos previa a calquera estudo estatístico. Pero non todo foron números, tamén houbo tempo para o arte. Así, continuaron percorrido e realizaron unha visita guiada polo Centro Galego de Arte Contemporánea onde coñeceron  a obra do artista lalinense Antón Lamazares a través dunha exposición pouco corrente  e da arquitectura deste impresionante edificio.

Para rematar a mañá, e metidos xa no mediodía, todos xuntos compartimos mantel no céspede do parque de Santo Domingo de Bonaval onde demos boa conta da comida e na que non faltaron nin as risas nin as ganas dos máis pequenos en pillar aos alumnos maiores no clásico pilla pilla. Agardamos poder repetir esta experiencia máis veces!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Viaxe a Santiago