Aula Virtual 

[Actividade recente]       

Título Tipo Nome Data de envio
#Reto Camaleón Album jteira 08/04/2021 - 17:55
XOGO ADIVIÑA AS CORES DESTAS FLORES. Artigo do blogue bggon 07/04/2021 - 00:06
EXPERIMENTO 14: MONSTRIÑOS. Artigo do blogue bggon 06/04/2021 - 19:18
EXPERIMENTO 13: AS CORES DAS FOLLAS. Artigo do blogue bggon 06/04/2021 - 19:04
EXPERIMENTO 12: METEORITOS. Artigo do blogue bggon 06/04/2021 - 18:50
EXPERIMENTO 11: O GLOBO. Artigo do blogue bggon 06/04/2021 - 18:46
EXPERIMENTO 10: OS PELÓNS. Artigo do blogue bggon 06/04/2021 - 18:29
Selecciona: Páxina jteira 31/03/2021 - 18:26

Seccións bilingües

Que é unha sección bilingüe

Unha sección bilingüe é a organización da ensinanza dunha área ou materia non lingüística, que se cursa cun grupo de alumnos dun xeito bilingüe: en galego ou castelán, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea.

O proxecto de sección bilingüe inclúese no Proxecto Lingüístico do centro, que recolle todas as accións que se desenvolven no centro con respecto a todas as linguas, tanto ambientais como estranxeiras.

Oferta do centro

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén impulsando a formación do noso alumnado nas linguas estranxeiras europeas dado que a comunicación nunha lingua estranxeira é moi importante na nosa sociedade.

As chamadas seccións bilingües traballan neste sentido para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado galego. Teñen como obxectivo o estudo de materias non lingüísticas en galego/castelán e unha lingua estranxeira.

A organización das mesmas está regulada pola Orde do 10 de xuño de 2005, DOG do 24 de xuño.

O CPI Cernadas de Castro, como vén facendo dende o ano 2005, está a ofertar seccións bilingües. O centro ofrécelle a posibilidade ó alumnado de 2º, 3º, e 4º da ESO de cursar diversas áreas dun xeito bilingüe, é dicir na lingua materna (galego/castelán) combinándoa coa introducción progresiva dunha lingua estranxeira, neste caso o inglés.

Lexislación do Plan de Seccións Bilingües

Ligazóns de interese

Distribuir contido