Listaxe definitiva do Fondo Solidario de libros de texto para a Etapa de Educación Primaria curso 2020/21.

Publicase as listaxes definitivas do alumnado admitido no Fondo Solidario de libros de texto da etapa de Educación Primaria.

Podense consultar os libros asignados da seguinte maneira:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros coa  Chave365.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801/ 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 13:00 h.

A entrega do vale de libros e o vale de material entregarase a partir do 1 de setembro.

Listaxe provisional da Etapa de Educación Primaria do Fondo Solidario de Libros de Texto curso 2020/21.

Publicase as listaxes provisionais do alumnado admitido no Fondo Solidario de libros de texto da etapa de Educación Primaria.

Podense consultar da seguinte forma:

a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa  Chave365.

b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos  881 866 801/ 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 13:00 h.

A entrega do vale de libros e o vale de material entregarase a partir do 1 de setembro.

LIBROS DE TEXTO. CURSO 2020/2021

Nos arquivos adxuntos figuran as listas de libros de texto de Educación Primaria e ESO.

O alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria utilizará o proxecto EDixgal polo que non terán que mercar ningún libro de texto.

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO_CURSO 2020_21

 

Infórmase ao alumnado e familias que solicitaron admisión no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro  de que todas as solicitudes foron admitidas. As listaxes definitivas están expostas na Conserxería e na Administración do centro.

Charlas para a mocidade

Ludoteca de verán 2020

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO_CURSO 202O_21

Infórmase ao alumnado e familias que solicitaron admisión, dentro do prazo establecido,  no CPI Plurilingüe Cernadas de Castro  de que todas as solicitudes foron admitidas. As listaxes provisionais están expostas na Conserxería e na Administración do centro.

 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2020/21

 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS PARA O CURSO 2020/2021

 

A Consellería Educación, Universidade e Formación Profesional mediante a  Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21

 

MODIFICACIÓNS PROGRAMACIÓNS CURSO 2019_20

Atendendo ás Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia facemos públicas as adaptacións das programacións deste curso académico.

Poderán acceder ás mesmas nos bloques situados á marxe da páxina web do centro premendo no menú programacións dentro do bloque Educación Primaria ou Educación Secundaria segundo queiran acceder ás modificacións das programacións dunha etapa educativa ou da outra.

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes de admisión do alumnado.

Este será do 11 ao 18 de maio de 2020, ambos incluídos.


Modifícase tamén o prazo ordinario de matrícula que será 

Do 1 ao 10 de xullo de 2020 

 O prazo de matrícula extraordinario paar o alumnado de ESO que teña que presentarse ás probas de setembro será do  1 ao 10 de setembro de 2020.

 Para entregar  a documentación na  Secretaría do centro deberase chamar previamente ao teléfono do centro 881866801 e solicitar cita con Administración.

Deberán vir provistos de luvas e mascarillas.

 

RECÓRDASE QUE A ADMISIÓN SÓ  A TEÑEN QUE FACER OS NENOS E NENAS  QUE O VINDEIRO CURSO VAN A ENTRAR NO CENTRO EN 4º DE ED. INFANTIL( 3 ANOS) E TODOS OS ALUMNOS NOVOS QUE PROCEDAN DOUTRO CENTRO. OS ALUMNOS QUE XA ESTÁN NO CENTRO NON TEÑEN QUE SOLICITAR ADMISIÓN

 

Distribuir contido