Aula Virtual 

[Actividade recente]       

Título Tipo Nome Data de envio
#Reto Camaleón Album jteira 08/04/2021 - 17:55
XOGO ADIVIÑA AS CORES DESTAS FLORES. Artigo do blogue bggon 07/04/2021 - 00:06
EXPERIMENTO 14: MONSTRIÑOS. Artigo do blogue bggon 06/04/2021 - 19:18
EXPERIMENTO 13: AS CORES DAS FOLLAS. Artigo do blogue bggon 06/04/2021 - 19:04
EXPERIMENTO 12: METEORITOS. Artigo do blogue bggon 06/04/2021 - 18:50
EXPERIMENTO 11: O GLOBO. Artigo do blogue bggon 06/04/2021 - 18:46
EXPERIMENTO 10: OS PELÓNS. Artigo do blogue bggon 06/04/2021 - 18:29
Selecciona: Páxina jteira 31/03/2021 - 18:26

Infantil B

25 ANOS DE INFANTIL B

 O PASADO 23 DE XUÑO AS FAMILIAS DE INFANTIL B, TANTO AS DA PROMOCION DESTE CURSO COMO MOITAS OUTRAS DOUTROS ANOS FIXÉRONME PASAR UNHA TARDE CHEA DE EMOCIÓNS, ABRAZOS DOS QUE QUITAN AS PENAS DA ALMA, E LEMBRANZAS COMPARTIDAS.

OS 25 ANOS QUE LEVO NO CENTRO AO CARGO DESA AULA FOI O MOTIVO QUE ESCOLLERON PARA FACERME O MÁIS FERMOSO DOS AGASALLOS: UNHA FESTA SORPRESA

NOVO CURSO

ESTES SOMOS NÓS: AS NENAS E NENOS DE INFANTIL B NO CURSO 2014.2015.

SE QUERES SABER QUE COUSAS FACEMOS NA CLASE VAI MIRAR O NOSOS BLOG

PEQUENAS LOUSAS

NOVO CURSO

Xa estamos de volta. Este curso somos 18 nenas e nenos, unha profe e un rato.

OS MÁIS NOVOS: DAMIÁN, ALÉN, XABI, MARÍA B., LENA E MARÍA G.

OS MEDIANOS: MARTÍN G., LEANDRO, FÁTIMA, LÍA, ANA B., NURIA, ,

OS MAIORES: ANA L., ALIA, MANUEL, MARTA, MARTÍN S., AÍXA

PROFE: ANA

RATO: CASIMIRO

INFANTIL B

INFANTIL B

Reto matemático.

Propoñemos tres niveis de xogo.

O primeiro nivel é para os nenos e nenas de 4º de Infantil, o segundo nivel para os alumnos e alumnas de 5º de Infantil e o terceiro nivel para o alumnado de 6º de Infantil. Recomendamos que independentemente da idade ou nivel comezar polo nivel 1.

Para acceder ao xogo só tedes que clicar nos números (1-30)

 

 

A pensar, xogar e divertirse!

Xogamos?

Damos un pasiño máis. Os "expertos" aprenderon a manexar o Ipads, e agora toca a quenda de ser os "mestres" dos seus compañeiros/as, terán que explicar todo o aprendido, manterse nun segundo plano (para nenos e nenas tan pequenos/as é un reto).

Os xogos son moi atractivos e os nenos e nenas de Infantil B están encantados!

Lóxica matemática.

Iniciamos o curso coa liña da mellora de coñecementos para acadar a excelencia dentro do ContratoPrograma, co obxectivo de afianzar as destrezas lóxica matemática do noso alumnado con ferramentas tecnóxicas como os Ipads e diferentes xogos na rede. Nun primeiro momento, será un grupo reducido de nenos/as que adoptarán o rol de "experto". Unha vez que sexan hábiles no uso desta ferramenta pasarán a ser os "mestres" outro compañeiro/a da clase e terán que trasmitir todo o aprendido.

 

Escornabots.

Seguimos xogando cos Escornabots, na primeira foto o xogo das Carreiras e na segunda foto o xogo das Cores.

Distribuir contido