acadar a excelencia

A máquina do tempo.

A MÁQUINA DO TEMPO

 XOGOS SOBRE O TEMPO

Non hai mellor forma que aprender xogando!

Os nenos e nenas de 1º e  2º sábeno moi ben e por iso traballaron o tempo cos seguintes xogos.

Reto matemático.

Propoñemos tres niveis de xogo.

O primeiro nivel é para os nenos e nenas de 4º de Infantil, o segundo nivel para os alumnos e alumnas de 5º de Infantil e o terceiro nivel para o alumnado de 6º de Infantil. Recomendamos que independentemente da idade ou nivel comezar polo nivel 1.

Para acceder ao xogo só tedes que clicar nos números (1-30)

 

 

A pensar, xogar e divertirse!

Xogamos?

Damos un pasiño máis. Os "expertos" aprenderon a manexar o Ipads, e agora toca a quenda de ser os "mestres" dos seus compañeiros/as, terán que explicar todo o aprendido, manterse nun segundo plano (para nenos e nenas tan pequenos/as é un reto).

Os xogos son moi atractivos e os nenos e nenas de Infantil B están encantados!

Lóxica matemática.

Iniciamos o curso coa liña da mellora de coñecementos para acadar a excelencia dentro do ContratoPrograma, co obxectivo de afianzar as destrezas lóxica matemática do noso alumnado con ferramentas tecnóxicas como os Ipads e diferentes xogos na rede. Nun primeiro momento, será un grupo reducido de nenos/as que adoptarán o rol de "experto". Unha vez que sexan hábiles no uso desta ferramenta pasarán a ser os "mestres" outro compañeiro/a da clase e terán que trasmitir todo o aprendido.

 

Ipad xiratorio.

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil levan dous anos con actividades en cooperativo, como xa coñecen a estrutura de Folio Xiratorio, a levamos a cabo pero cos Ipads.

 

Ipad xiratorio.

Os Ipads para a lectoescritura.

Os alumnos e alumnas de 6º de Educación Infantil seguen a súa andaina cos Ipads e o programa de lectroescritura. Están moi interesados, involucrados, participantes...coas sesións.

Osmos: masterpiece.

Os alumnos e alumnas expertos ensinan aos seus compañeiros e compañeiras como se debuxa no programa de Osmos, poder elixir os debuxos na galeria, volver das categorías...

OSMOS: Masterpiece.

Os nenos e nenas expertos esta semana estiveron practicando co xogo de Osmos Masterpiece que consiste en debuxar seguindo un modelo na pantalla do Ipad, en palabras dos propios nenos e nenas "era moi difícil".

Distribuir contido

Artigos recentes

Contratos-Programa. Contido de proba hai 6 anos 34 semanas
Enquisas hai 6 anos 32 semanas
Tous les mêmes - Stromae hai 6 anos 32 semanas
Sommeil. Stromae hai 6 anos 32 semanas
ESCRITURA CREATIVA hai 6 anos 31 semanas

uid){ print l($user->name,'user/'.$user->uid); print " | "; print l(t('Logout'),'logout'); } else{ $options = array(); $options['query'] = drupal_get_destination(); print l(t('Login'),'user/login', $options); if(variable_get('user_register',FALSE)){ print " | "; print l(t('Register'),'user/register'); } } ?>