Skip to Content

Blog do Club de Ciencias

Experimentando na casa!

Moi boas chicos e chicas!
Imos a compartir con vós os experimentos que fomos propoñendo nesta corentena.
Tedes nos archivos adxuntos o material que vos fai falta e o procedemento para realizalos. Todos están pensados para poder facelos con cousas que temos normalmente na casa, xa sabedes que se non os podedes facer todos non pasa nada. Só son suxerencias para pasar un rato agradable grazas á Ciencia!
Anotade nun caderno as vosas experiencias. Estamos desexando vervos para que nos contedes que vos pareceron!
Ánimo que xa queda menos!
Un bico moi grande de todo o Club de Ciencias!

Barcos a toda vela!

Que pasa cando pos un "barco" en auga e metes un pouquiño de xabón? Foi toda unha sorpresa!

             

             

   

Avións de papel!

Hoxe tocou investigar sobre aerodinámica! Pasámolo xenial probando que avión voaba máis!

                              

               

               

Cromatografía e descomposición

Nesta ocasión estivemos investigando sobre a composición de cores que teñen algúns rotuladores. Para elo levamos a cabo unha cromatografía que, cunha pouca de paciencia, funcionou á perfección.

              

                                                   

 

Mentres esperábamos os resultados da nosa cromatografía, deixamos preparada outra práctica para ver como ocorre a descomposición dun alimento se aplicamos distintos produtos. Desta vez utilizamos auga, lixivia e pintura. Que ocorrerá?

                     

Que pasa con estes materiais?

Nesta práctica traballamos coa mestura de cores a partir de distintas disolucións de auga con colorantes. Só fixo falta unha pouca de paciencia para ver os resultados.

 

           

 

Tamén experimentamos cun líquido non newtoniano… aínda que nos dou algún problemiña e non resultou o que esperábamos… Así e todo, foi moi divertido! Intentarémolo de novo!

              

Coñecendo o corpo humano

Na práctica desta semana traballamos sobre o corpo humano. Investigamos os distintos sabores e si realmente a lingua detecta os mesmos en distintas zonas.

Tamén fabricamos un “corazón” cunha botella e unha palliña. Así puidemos investigar como bombea o corazón o sangue por todo o corpo.

        

                             

Iniciamos o Club de Ciencias

                              

O pasado mes de decembro iniciamos o Club de Ciencias con alulmnos de 3º e 4º de Primaria.

A sesión tivo lugar co equipo de "Ciencia divertida" que viñeron dende Santiago de Compostela. Fixéronnos pasar un bo rato realizando distintos experimentos!

                              

          

Mira!! Temos un Blog!!

Gracias por achegarte ata o Blog do Club de Ciencias........

Guiño

Distribuir contido


by Dr. Radut