[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07

6ºA

Creamos vídeos educativos

O alumnado en pequeno grupo, organizouse e elaboraron  un vídeo educativo para os seus compañeiros. Tiveron que buscar, resumir, estruturar, organizar... información para poder conseguir un resultado que agradase a todos.

Concurso de banda deseñada para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou nun concurso de banda deseñada, presentando as súas creacións máis orixinais e divertidas. Velaquí as fotos dos gañadores.

 

Concurso de poesía para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou nun concurso de poesía, presentando as súas creacións máis fermosas e orixinais. Velaquí as fotos dos gañadores.

Libropoly, un (ambicioso) reto literario para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

Durante este curso, ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria propúxoselle un itinerario lector cun formato lúdico: o Libropoly. O reto consiste en ler e realizar fichas de lectura (e, voluntariamente, tamén vídeo-reseñas) de vinte libros previamente seleccionados e expostos nun gran taboleiro que emula o clásico taboleiro do xogo Monopoly.

Apadriñamentos e amadriñamentos de lectura

Os alumnos e alumnas dos cursos superiores de Educación Primaria apadriñaron e amadriñaron ao alumnado de Educación Infantil, xuntándose mensualmente nun recreo para desfrutar de momentos de lectura tan entrañables coma os que podedes ver nas imaxes a continuación.

Lectura de Don Quijote de la Mancha

Para celebrar o día do libro o alumnado de 6º e 6º fixeron unha lectura dunha versión adaptada de Don Quijote de la Mancha.

 

Escritores e editores

Inspirándonos no libro A familia C da editorial Kalandraka, creamos os nosos propios libros da familia A, B, C, D... a partir da inicial do noso nome. 

O alumnado primeiro tivo que facer un borrador do seu libro e despois tivo que ir ilustrando e maquetando axudándonse de distintos materiais que ofreceran texturas ao libro.

 

 

Economía circular

Aproveitando que o día da Terra é o 5 de xuño o alumnado de 6º recibiu unha charla sobre economía circular; aprendendo o que significa ese termo e a importancia de realizar un consumo responsable.

Distribuir contido