2º ESO |
Coa colaboración do profesor de tecnoloxía, Fran e o alumnado de 2º fixemos un obradoiro para montar tres robots. |
|||
Como xa mencionamos noutra entrada, segundo de primaria esta realizando un Proxecto de Robótica. Coa colaboración do profesor de secundaria Fran e o alumnado de segundo da ESO. Os nenos e nenas están a crear os seus propios robots. Os nenos e nenas forman catro equipos que están titorizados por tres ou catro alumnos e alumnas máis grandes. Explicaron os pequenos as diferentes pezas dun robot (e son moitas!). O seguinte paso foi comezar amontalo coa axuda do manual. |
|||
O alumnado de 2ºESO realizou unha recollida, selección, organización e presentación de información demográfica no concello de Lousame a partires de fontes de información estatísticas como o IGE e o INE. Por unha banda, analizamos os movementos naturais de poboación e calculamos distintos indicadores taxa de natalidade, taxa de mortalidade, saldo vexetativo. Por outra banda, analizamos os movementos migratorios do concello e as causas e consecuencias dos mesmos no noso contorno máis próximo. Coa axuda dunha táboa de datos elaboramos pirámides de poboación do concello de Lousame de distintas épocas que nos serviron para analizar a evolución da poboación no último século.
|
|||||||
|
|||
Estas son as datas previstas para realizar os exames neste 2º trimestre. Se houbera algún cambio comunicarase con antelación a todos os alumnos. |
|||
Esta é a nosa programación para 2º ESO neste curso 2014-2015. |
|||
