Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía

Escornabot.

Para repasar e afianzar os contidos dados en ciencias da natureza elaboramos unha nova plantilla para o Escornabot. Esta vez engadimos os códigos QR que coa axuda do Ipad e a app lectora de códigos nos leva de forma sinxela a vídeos explicativos da materia, o son, a luz, as disolucións...

Robótica e ciencias da natureza.

Estamos a repasar e afianzar os contidos adquiridos no tema dos animais en ciencias da natureza. Elaborabomos un novo xogo no que repasan contidos como tipo de reprodución, grupos de animais, alimentación, hábitat...

Obradoiro de robótica co alumnado da ESO.

Coa colaboración do profesor de tecnoloxía, Fran e o alumnado de 2º fixemos un obradoiro para montar tres robots.

Robótica en ciencias da natureza.

As mestras de segundo andivemos argallando varios xogos para afianzar conceptos e repasar os contidos traballados na clase na área das ciencias. Este xogo que presentamos está composto por unha plantilla de fotografías e palabras ademais dunhas tarxetas con preguntas ou retos. Os rapaces e rapazas tiñan que ler en voz alta a súa pregunta, logo contestala, se acertan dirixen o bichiño ata a resposta e gardan a tarxeta (así contabilizan o número de acertos).

Rematamos os Robots.

Os robots que o alumnado de segundo de primaria e segundo da ESO, xa están rematados. Na sesión de hoxe co profesor Fran estivemos a dar os últimos retoques e probando como se desprazaban por conexión BLUETOOTH gracias a un dispositivo como o móbil. Os equipos construiron os robots: Tanque, Balancín e Raptor.

Construimos robots.

Como xa mencionamos noutra entrada, segundo de primaria esta realizando un Proxecto de Robótica. Coa colaboración do profesor de secundaria Fran e o alumnado de segundo da ESO. Os nenos e nenas están a crear os seus propios robots. Os nenos e nenas forman catro equipos que están titorizados por tres ou catro alumnos e alumnas máis grandes. Explicaron os pequenos as diferentes pezas dun robot (e son moitas!). O seguinte paso foi comezar amontalo coa axuda do manual.

Excursión ao MUNCYT.

O 15 de febreiro ao alumnado de 1º e 2º de Primaria fomos o Museo Nacional da Tecnoloxía e das Ciencias da Coruña.

Xardineiros

Con motivo da chegada da primavera os nenos/as plantaron flores nos xardíns do colexio. Repasamos que necesitaban as plantas para vivir e pasaron unha tarde de convivencia moi divertida.   

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión