[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

Ciencias Sociais

Primeiro número de Historia. 1º Trimestre - Revista dixital

Publicamos, tarde, pero publicamos! O primeiro número da revista dixital de Historia do centro, correspondente co primeiro trimestre.

Os redactores e editores foron as alumnas e alumnos de 3º da ESO, e os contidos céntranse no século XVI. (click na imaxe para acceder á revista)

 

Programación Xeografía e Historia 2019-2020

Programación

Curso 2017-2018

Departamento de Xeografía e Historia

Profesora: María Pardavila Neira

ACCIÓN HUMANA SOBRE O MEDIO NATURAL DE LOUSAME: ESTUDO ECONÓMICO

En 3ºESO estudáronse as causas e consecuencias que teñen as actividades económicas na contorna próxima, neste caso no Concello de Lousame.

Utilizáronse distintos mapas do Sistema de Información Xeográfica de Galicia: usos de solo e litoloxía.

O alumnado realizou fotografías das distintas actividades económicas organizadas por sectores de producción desenvolvidas na contorna e que serviron para unha reflexión sobre o impacto da acción humana sobre o noso concello.

usos do solo litología
 USOS DO SOLO  LITOLOXÍA

 Para ver as fotografías dos sectores económicos que seleccionaron os alumnos de Lousame, preme en "Ler máis".

ACCIÓN HUMANA SOBRE O MEDIO NATURAL DE LOUSAME: ESTUDO DEMOGRÁFICO

O alumnado de 2ºESO realizou unha recollida, selección, organización e presentación de información demográfica no concello de Lousame a partires de fontes de información estatísticas como o IGE e o INE.

Por unha banda, analizamos os movementos naturais de poboación e calculamos distintos indicadores taxa de natalidade, taxa de mortalidade, saldo vexetativo. Por outra banda, analizamos os movementos migratorios do concello e as causas e consecuencias dos mesmos no noso contorno máis próximo.

Coa axuda dunha táboa de datos elaboramos pirámides de poboación do concello de Lousame de distintas épocas que nos serviron para analizar a evolución da poboación no último século. 

LOUSAME 1998  LOUSAME 2016
 


EXPOSICIÓN PROXECTO RÍOS

Durante mes de xuño contamos nos corredores do noso centro coa exposición resultante da participación do Proxecto Ríos. Ao longo deste curso levamos a cabo distintas tarefas dende as áreas de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia. Estes son algúns dos traballos realizados:

O alumnado de 2ºESO na materia de Xeografía e Historia elaborou a definición deconceptos clave de hidrografía con apoio visual de imaxes que buscaron e seleccionaron na internet.

O alumnado de 3ºESO na materia de Xeografía e Historia estudou o curso, cauce e caudal do Río Pesqueira. Ademais, da localización xeográfica investigouse sobre a acción humana e as formas de aproveitamento do río.

expo proxecto ríos expo protecto ríos

PROXECTO RÍOS 2º ESO

O alumnado de 2º ESO realizou unha andaina ao río Pesqueira xunto co profesorado de Xeografía e Historia e Educación Física.. Esta actividade forma parte do Proxecto Ríos no que participa o alumnado de ESO para facer un estudio multidisciplinar do Río Pesqueira, o máis pŕoximo ao noso centro. En Xeografía traballamos distintos aspectos de hidrografía, cartografía e ecoloxía.

grupo no Río Pesqueira 

Distribuir contido