[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
ACTA ASAMBLEA 13_09_24 ANPA pipaca 16/09/2024 - 14:10
CADRO ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:58
SOLICITUDE PARA SER SOCIO DA ANPA ANPA pipaca 11/09/2024 - 08:51
MENÚ SETEMBRO 2024 Páxina gedepevi 06/09/2024 - 19:47
FALTA DE PROFESORADO ANPA pipaca 04/09/2024 - 13:20
Contacto co centro CPI Plurilingüe Cernadas de Castro. Páxina bggon 31/07/2024 - 10:39
Convocatoria de prazas no Servizo Lousame Concilia para o período lectivo do curso 2024/25. Páxina bggon 23/07/2024 - 08:46
Listaxe definitia do Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25. Páxina bggon 17/07/2024 - 10:25

Educación Plástica e Visual

Exposción de fotos do alumnado do 3º A "Traslación e Simetría na nosa contorna"

O alumnado do 3ºA estivo mirando a súa contorna con "ollos de xeometría", e encontrou inspiración para sacar fotos moi bonitas que poden ser apreciadas no vídeo o no archivo en PDF. 
Noraboa aos participantes!

Visita a Fundación Eugenio Granell

O día 3 de marzo, o 3ºA visitou a Fundación Eugenio Granell. Coñeceron aspectos da vida deste artista e tamén poideran facer arte.

Preparando o Entroido 2020

Estamos preparando a decoración do Entroido 2020 nas clases de Plástica.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE LEONARDO DA VINCI E PÓRTICO DA GLORIA

O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu á saída didáctica organizada polos departamentos de Ed. Plástica e de Relixión: visita á EXPOSICIÓN DE LEONARDO DA VINCI E PÓRTICO DA GLORIA en Santiago de Compostela.

ENTROIDO 2019

O venres 1 de marzo xuntámonos para celebrar o Entroido de 2019. O tema de este ano foi "O cine e a TV" 

Vexa as fotos no archivo adxunto.

 

 

 

 

Participación no Festival de Clipmetrajes

Os alumnos e alumnas do 4º da ESO están participando do festival de clipmetrajes de manos unidas. Vexa o vídeo "Rompe con esta idea" neste enlace

   

25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

O noso centro participou intensamente nas celebracións do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O xoves, 21 de novembro un grupo de “carteiras” repartiu postais realizados polo alumnado da ESO que denunciaban o grave problema que sofre a nosa sociedade respecto a este tema. O venres 22 os nosos alumnos e alumnas realizaron un simbólico muro de ladrillos de cartón onde puideron plasmar a súa repulsa sobre o tema da violencia contra as mulleres por medio de frases e debuxos, e co obxectivo de crear conciencia e visibilizar este grave problema. Mentres o alumnado de primaria traballou na construción dun muro para o centro, os de secundaria executárono no concello do Lousame. Nos arquivos adxuntos pódense visualizar vídeos coas imaxes deste importante acontecemento.

  Pincha no adxunto para ver o vídeo do correio e adxunto2 para ver as fotos do muro do Consello.

Magosto 2018

O pasado 14 de novembro celebramos no Cernadas un Magosto moi divertido; comemos castañas e xogamos a xogos populares.

Distribuir contido