25N - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
O noso centro participou intensamente nas celebracións do 25 N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. O xoves, 21 de novembro un grupo de “carteiras” repartiu postais realizados polo alumnado da ESO que denunciaban o grave problema que sofre a nosa sociedade respecto a este tema. O venres 22 os nosos alumnos e alumnas realizaron un simbólico muro de ladrillos de cartón onde puideron plasmar a súa repulsa sobre o tema da violencia contra as mulleres por medio de frases e debuxos, e co obxectivo de crear conciencia e visibilizar este grave problema. Mentres o alumnado de primaria traballou na construción dun muro para o centro, os de secundaria executárono no concello do Lousame. Nos arquivos adxuntos pódense visualizar vídeos coas imaxes deste importante acontecemento.
Pincha no adxunto para ver o vídeo do correio e adxunto2 para ver as fotos do muro do Consello.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
correo contra a violencia de xénero_Pequeno 24megas.mp4 | 24.33 MB |
Celebrando o 25N no Cernadas_Pequeno.mp4 | 2.55 MB |