[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51

Ciencias Sociais

EXPOSICIÓN CARTOGRÁFICA "NON PERDAS O NORTE"

O alumnado de 3º ESO deseñou e levou a cabo a montaxe da exposición cartográfica Non perdas o Norte, da que tivemos o pracer de desfrutar no noso centro nas últimas semanas. Organizados en parellas, o alumnado fixo un traballo de investigación relacionado coa localización xeográfica e representación cartográfica, todos estes contidos curriculares deste curso.

Na exposición amosouse a evolución da cartografía, así como distintos tipos de mapas e planos de distintos lugares do mundo. Contemplouse tamén un apartado especial adicado ao concello de Lousame e ao Río Pesqueira, obxecto de traballo do Proxecto Ríos no que estamos inmersos.

Ao longo de tres semanas puidemos desfrutar da exposición grazas ás excepcionais a visitas guiadas, para profesorado e alumnado, que desenvolveron Marta, Xulia, Brianna, Irene, Nerea e Raquel.

(Podes ver máis fotografías en "ler máis")

VISITA A COMPOSTELA!

O alumnado de 2ºESO participou nunha saída educativa á cidade de Santiago de Compostela. Pola mañá coñecimos a Cidade da Cultura do arquitecto Peter Einsenman e visitamos a interesantísima exposición temporal "Da árbore á cadeira"

Posteriormente visitamos os tellados da Catedral dende onde puidemos desfrutar dunhas vistas fermosísimas de Compostela. Tivemos tamén o privilexio de pasear polos patios do Hostal dos Reis Católicos e, acompañados pola chuvia, percorrimos o casco vello da cidade.

Para pechar o día, visitamos a exposición "Arte e xeometría en papel" instalada no Pazo de Fonseca ata finais de maio. Non vola perdades!

(Para ver máis fotografías da saída premer en "ler máis").

 

EXPERTOS NA IDADE MEDIA

O alumnado de 2ºESO impartiu unhas sesións sobre a Idade Media nos dous grupos de 5º de Primaria.

Os expertos, organizados por grupos, explicaron as distintas etapas medievais dende o punto de vista histórico e artístico. O alumnado de 5ºA e 5ºB de primaria acolleu estas sesións con moito entusiasmo, amosando gran curiosidade pola Idade Media, facendo numerosas preguntas aos relatores.

VISITA EDUCATIVA AO PARQUE NATURAL DO COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO, AO DOLMEN DE AXEITOS E AOS CASTROS DE BAROÑA

O pasado mércores 5 de abril o alumnado de 1ºESO desfrutou dunha fabulosa e soleada xornada coñecendo distintos punto de interese da península do Barbanza. 

Comezamos a visita en Corrubedo, no CIELGA (Centro de Recepción de Visitantes e de Interpretación do Ecosistema do Litoral de Galicia). Despois dun vídeo informativo sobre o complexo dunar e as lagoas de Carregal e Vixán, percorrimos acompañados polo guía polas pasarelas para aprender moitas cousas do complexo dunar.

A seguinte parada foi no magnífico dolmen de Axeitos, que nos serviu para repasar e afondar o que aprendimos na clase de Xeografía e Historia sobre o megalitismo.

Por último, visitamos o Castro de Baroña e puidemos apreciar in situ as murallas, as vivendas e as distintas partes do castro que se atopa nun bo estado de conservación.

pasarela de Corrubedo

ORIENTÁMONOS CO SOL

Aproveitando as primeiros días de primaveira, o alumnado de 3º ESO fixo unha actividade no patio para aprender a orientarse co sol.

Saímos ao exterior ao mediodía e puxémonos de costas ao sol cos brazos abertos. Orientándonos coa sombra marcamos cun xiz os distintos puntos cardinais no chan. Observamos como se movía o sol e a sombra a medida que pasaba o tempo.

Comprobamos cun compás os puntos cardinais.

 3º ESO

 

VISITA DOS EXALUMNOS JOEL ROMERO E ALEJANDRO VIGO

A semana pasada tivemos na clase de Xeografía de 3º ESO e na titoría de 1ºA, unha visita moi especial: os antigos alumnos do noso centro Joel Romero e Alejandro Vigo. Estes rapaces e as súas familias emigraron a Alemania e Suíza respectivamente. Os alumnos e alumnas tiveron ocasión de preguntarlles todas aquelas cuestións que lles interesaba da súa experiencia vivindo noutros países europeos. 

Podes ver máis fotos e ler máis sobre este evento premendo en "ler máis".

Visita de exalumnos.

 

CHARLA TEMÁTICA: BIODIVERSIDADE E CONSERVACIÓN

Esta semana o alumnado de 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de asistir á charla temática BIODIVERSIDADE E CONSERVACIÓN dentro do ciclo de charlas "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" que oferta a Universidade de Santiago aos centros educativos.

Nesta ocasión acompañounos Dona Teresa Rodríguez, profesora da Facultade de Veterinaria e da Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo da USC. A profesora explicounos de maneira moi práctica o que é a biodiversidade e a importancia da súa conservación. Tivemos a ocasión de coñecer "pequenas grandes cousas" no noso día a día para preservar o medio ambiente a biodiversidade. 

EXPOSICIÓN IMAXES CON FONDO

Durante o mes de febreiro tivemos a oportunidade de desfrutar no noso centro da exposición Imaxes con Fondo, selección dun concurso fotográfico organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A exposición busca promover a través da imaxe e a palabra a reflexión e o pensamento crítico ante graves problemas que afectan ao noso planeta e sociedade, apostando por unha actitude solidaria e respectuosa de todos nós.

O alumnado de 2º e 3º ESO de Valores Éticos realizou un traballo a partires desta exposición. Cada alumno/a escolleu unha imaxe e temática para compartir co resto do grupo e así poder buscar entre todos solucións aos problemas que afectan á nosa sociedade.

exposición fotográfica

Distribuir contido