C. Naturais

Alimentación vexetal!

                                   

 

Os alumnos de 3º de primaria quixemos investigar como se alimenta unha planta. Para elo collemos dúas flores brancas e metémolas en auga con colorante e observamos o que foi pasando ao longo da semana. Deixamos aquí os resultados!

 

                            

                            

                            

                            

Economía circular

Aproveitando que o día da Terra é o 5 de xuño o alumnado de 6º recibiu unha charla sobre economía circular; aprendendo o que significa ese termo e a importancia de realizar un consumo responsable.

Iniciándonos na química

O alumnado de 6º A foi ao laboratorio para traballar distintas propiedades da materia como: a densidade e o volume. Tamén traballaron as mezclas e a súa separación.

 

Reporteir@s moi curios@s

A nai dunha alumna visitounos para facerlle unha entrevista sobre o seu traballo. Aproveitando que estabamos traballando o tema das enerxías renovables, puidemos facerlle un gran número de preguntas sobre a enerxía eólica, da que é gran coñecedora.

A circulación

Desta volta, o alumnado estuda a circulación maior e menor coa axuda dun corazón xigante. O alumnado verbalizaba ao que ía pasando ao mesmo tempo que percorría as distintas aurículas e ventrículos.

 



Aparato respiratorio

Aproveitamos o estudo do aparato respiratorio e facemos unha maqueta que nos mostra o seu funcionamento.



Capas da atmosfera

Debuxamos nun globo as capas da atmosfera e as distintas cousas que podemos atopar en cada capa.



Maquetas de células

Velaquí distintas modos de representas as células vexetais e animais. Os nen@s foron moi creativos e empregaron distintos materiais.

 

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión