[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

6ºA

Visita ao Museo de Historia Natural

Visitamos o Museo de Historia Natural de Santiago e a unha exposición sobre minerais en Área Central.

 

Entroido 2017

Este ano no Entroido tocou o tema dos oficios. Nós disfrazámonos de profesións antigas: oleira, canteiro, lavandeira, teceláns, leiteiras, deshollinador, afiador, cesteiras, faroleiro, sereno, telefonistas, serradores de madeira, limpadores de botas... Levounos moito traballo, pero que ben o pasamos!!!

AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SIRVEN PARA NADA

O pasado 8 de Marzo o alumnado de 6º de Primaria, 3º e 4º de secundaria xunto co profesorado tivemos a oportunidade de asistir á charla temática AS MATEMÁTICAS SON ABURRIDAS E NON SERVEN PARA NADA dentro do ciclo de charlas "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" que oferta a Universidade de Santiago aos centros educativos.

Nesta ocasión acompañounos Elena Vázquez Abal, profesora da Facultade de Matemáticas da USC, que ademais da súa labor docente e investigadora realiza unha importante labor divulgadora como podemos ver na súa páxina web: http://webspersoais.usc.es/persoais/elena.vazquez.abal/divulgacion/. Neste enlace podemos facernos unha idea da charla que disfrutamos no día da muller traballadora: https://vimeo.com/34773040. 

O alumnado e profesorado agradecemos á profesora Elena Vázquez Abal todo o que nos trasmitiu nesa sesión: gusto polas matemáticas, valores de superación e actitude positiva ante os retos vitais que nos podemos atopar. Por todo isto foi un gusto tela connosco ofrecéndonos unha fermosa lección matemático-vital.

Laboratorio

Desta volta experimentamos coa masa, o voume e a densidade. Fixemos distintos experimentos para traballar estes conceptos.



Violencia de xénero

Unha mostra da elaboración do noso corazón para a exposición " Queremos mulleres con corazóns contentos" que está exposta no corredor do colexio.

 

Recordando o Magosto

Non perdas a súper Lúa

Non te perdas a súper Lúa desta noite. Clica na imaxe e descubre toda a información.

Comezamos o taller de Matemáticas

Comezamos o taller de Matemáticas este curso traballando os múltiplos e divisores cun xogo de cartas.

 

Distribuir contido