[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28

Infantil B

POEMA DE INVERNO

A PORTA DA NOSA CLASE CAMBIA CON CADA ESTACIÓN DO ANO. A ÁRBORE QUE FIXEMOS AO COMEZO DO CURSO ESTÁ AGORA SEN FOLLAS PORQUE É INVERNO. NOVAMENTE UN POEMA DO LIBRO "AS CATRO ESTACIÓNS" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO SÉRVENOS PARA PENSAR NO INVERNO

UNHAS POMBAS NO TELLADO                              AS POMBIÑAS NO TELLADO

EXPOSICIÓN DE MÁSCARAS AFRICANAS

Desde o día 11 de decembro ata o 18 teremos aberta a exposición das máscaras africanas. Están vindo a vela moitos cursos de primaria. As nenas e nenos de infantil B contámoslles un montón de cousas que sabemos de África. Casimiro contounos no seu blog moitas cousas dos animais que veu no safari en Kenia e nós aprendémolas e agora contámosllas aos nenos e nenas que veñen ver a nosa exposición.

NADAL

Mirade que guai nos quedou a porta da clase con este Rei Mago. Copiamos a silueta de Aíxa e convertémola no Rei Baltasar. Escollemos este reui porque é o que ten no nome a letra B da nosa clase. A que mola!

MÁSCARAS AFRICANAS

Casimiro está de viaxe en Kenia e mandounos unhas fotos de máscaras de diferentes países de África, para que as fixéramos e montáramos unha exposición. Quedaron chulísimas. Utilizamos bandexas de cartón, pasta de papel, plastelina, cordel, pintura...

Dentro duns días imos organizar a clase para que todo o mundo poda vir a velas. Esperamos que vos gusten.

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O día 25 celébrase o día contra a violencia de xénero. Na clase de infantil B tamén nos sumamos á iniciativa de colocarnos un laciño violeta en sinal de protesta contra algo tan terrible como é a violencia que se exerce contra as mulleres.

Vimos un vídeo do conto de Adela Turín, titulado Arturo y Clementina, contado por Beatriz Montero.

SAMAÍN

A festa do Samaín marcaba o comezo do inverno e o novo ano celta. Tratábase dunha data considerada perigosa porque se crían que se abría unha porta entre o mundo dos vivos e o dos mortos. Os celtas colocaban unha vela nunha caveira e poñíana nos cruces dos camiños. Debía de dar moitísimo medo.

CANCIÓN DA RA

Manuel Rico Verea fixo esta canción tan fermosa dunha ra un pouco especial. Aprendémola e fixemos debuxos de ras. A que molan!

OUTONO

Estamos no outono e a porta da nosa clase vístese para a ocasión. Un papel contínuo pintado e arrugado, e follas feitas con papel de periódico e ceras brandas compoñen a nosa árbore. Poñémola na porta porque irá cambiando ao longo do curso. Ao seu carón un poema de Antonio García Teijero sobre a marcha das andoriñas. Regresarán algún día?

Distribuir contido