Curso 2017-18

PROXECTO RÍOS 2017/2018 - BAIXADA Ó RÍO PESQUEIRA (1º ESO)

 

 

 

Un ano máis, dentro do Proxecto Ríos, e no seo das materias de Bioloxía e Xeoloxía, e Xeografía e Historia, o alumnado de 1º da ESO participou no Proxecto, traballando interdisciplinarmente estas materias, e realizando baixadas ó propio río segundo as necesidades do material traballado. 

Mostramos imaxes da baixada na que recollémolo lixo da ribeira do río, posto que en baixadas anteriores para facer diferentes medicións e traballo de campo, decatámonos de que a marxe esquerda do río estaba realmente moi chea de lixo. 

4º ESO : continúa facendo as súas medidas da calidade físico-química da auga ,estudo de flora e fauna.Esta corresponde a baixada de primaveira.

Traballos recopilatorios do estudo do ecosistema fluvial.

 

VISITA DE 1º ESO Á FUNDACIÓN MANOLO PAZ

O alumnado de 1º de ESO ven de gozar da visita á Fundación Manolo Paz, fundación dedicada á obra do escultor cambadés na que tamén se atopa o taller do artista.

http://www.fundacionmanolopaz.gal/

 

Manolo Paz 02

 

A visita, organizada polo departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual está enmarcada dentro do programa educativo EDUMOTIVACON da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

ECOAUDITORÍA ALUMNOS 1º ESO

No mes de Xaneiro os alumnos de 1º de ESO realizaron unha ECOAUDITORÍA, coa axuda de Adega desde o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, para analizar e facer propostas de mellora de cara a problemas ambientais que poden darse no Centro (uso de papel, consumo de enerxía, xestión de residuos...)

VISITA Á EXPOSICIÓN 10º PREMIO AUDITORIO DE GALICIA

O alumnado de 1º de ESO asistiu á saída didáctica organizada polo departamento de Ed. Plástica á mostra do 10º Premio do Auditorio de Galicia para novos artistas en Santiago de Compostela acompañados por Adolfo, Teresa e Isabel. Alí gozaron da visita guiada á exposición e posteriormente participaron nun taller para elaborar as súas propias creacións.

 

Stat Wars, o despertar dos datos

O pasado día 17 de novembro os alumnos de 3º e 4º de ESO acompañados dos profesores Pilar Cobas Cajuso e Iván Folgueira Pérez acudiron á actividade Stat Wars, o despertar dos datos que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela. 

A idea da actividade era que os alumnos comprendesen un pouco mellor que é iso do Big Data e tamén coñecer os perigos que supón a cesión dos nosos datos ás redes sociais. Ademáis disto houbo unha parte lúdica cun par de concursos de preguntas e respostas. No primeiro deles participou o alumno de 4º de ESO Yeray Martínez Abeijón, como podedes ver nesta ligazón a partir do minuto 1:07. 

 

Na mesma ligazón podedes ver a segunda parte na que participaron os alumnos Marc Carnota Castaño, Saúl Caldas Rodríguez, Mateo Muñíz, Lorenzo Pouso Luaces e Alejandro Moledo León. Se vos desprazades no vídeo ata o minuto 1:37, poderedes ver a parte final dese concurso na que Alejandro se convertiu en gañador e recibiu como premio unha tablet.

Importante salientar o interesante que resultou a actividade é a boa actitude e resposta por parte de todos os nosos alumnos.

Despedímonos ao modo Stat Wars:

Que a forza dos datos vos acompañe!

Distribuir contido