Skip to Content

ACTIVIDADES PDI: O IGREXA-VALADARES, UN CENTRO DE PELÍCULA 2021-2022

BOLETÍN 2º TRIMESTRE 2022

 

 

 

 

 

 

PICA NA IMAXE

 

 

 

 

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

 
O luns 31 de xaneiro celebramos o Día da Paz e a Non violencia. Todo o colexio uniuse para cantar unha fermosa canción "Que canten los niños" e facer unha exposición de críticas de cine pola Paz, dentro do proxecto "O Igrexa Valadares, un centro de película". 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

BOLETÍN NADAL 2021

                                                        PREME NA IMAXE

DÍA DAS BIBLIOTECAS, DE TODAS AS BIBLIOTECAS. 24 de outubro de 2021

 
 
 
 
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil á que se foron sumando, xa dende hai algún tempo, o propio Ministerio de Cultura e todas as administracións autonómicas. 
 
A Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura, a través da Subdirección Xeral  de Coordinación Bibliotecaria, impulsa a celebración do Día das Bibliotecas, este 24 de outubro de 2021. "A edición deste ano, baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” céntrase en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos."
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender e lugares para descubrir.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 
 
Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración. 

XIV edición Concurso Outono Literario

Distribuir contido


by Dr. Radut