Skip to Content

EDLG

OUTONO LITERARIO 2023

Un ano máis o Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Equipo de Biblioteca convoca a XVII Edición do concurso literario, este ano baixo o título "Na horta de Rapochá sementa e recollerás". Anímate a participar!

PREME NA IMAXE PARA VER AS BASES

LETRAS GALEGAS 2023

O pasado 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas co EEI Monte do Alba e coas actuacións de membros do Centro Cultural de Valadares e coa actuación da profe Raquel, o profe Thomás a nai de Xoán e Uxía de sexto.
Tamén foi a entrega dos premios do Concurso de Caricaturas de Francisco Fernández del Riego.
Os gañadores foron Neizan de 1º, Irene de 4ºA e Erea de 6º. Grazas pola vosa participación :)
 

RADIO RAPOCHÁ 2023

PROGRAMA RADIO RAPOCHÁ LETRAS GALEGAS 2023 

Os nenos e nenas de 4º e 5º fixemos un programa especial na Radio sobre o Día das Letras Galegas. Clicar na imaxe para escoitalo :)

MAIOS 2023

O pasado venres, 12 de maio, tivemos unha xornada moi especial na que festexamos "Os Maios". Foi un día de convivencia cos nosos amigos e amigas da escola infantil Monte do Alba. Fixemos adornos florais e desplazámonos ata o Centro Cultural onde cantamos e merendamos. Foi un día moi divertido.
 
PREME PARA VER AS IMAXES

Concurso Caricatura Francisco Fernández Del Riego

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

MAGOSTO 2022

Exposición de cabazas 2022

SAMAÍN 2022

PICA NA IMAXE. 

Distribuir contido


by Dr. Radut