Skip to Content

6º A

GRADUÁMONOS!!

Queridas alumnos e queridas familias, xa está rematando o voso paso pola Educación Primaria, e a pesar de estar pasando por unhas circunstancias moi atípicas non debemos esquecernos da vosa orla.

Este ano imos facer varias, dúas dixitais e unha que será impresa no Faro da escola.

 

As orlas dixitais serán unha con mascarilla e outra con gorro de graduación, para facelas precisamos que teñades a man as dúas cousas nas vidoconferencias dos luns.

 

Deixo aquí un exemplo de tutorial para que fagades o gorro:

 

E para a orla impresa preciso una foto que cumpra as seguintes características:

 

  • Con fondo branco ou liso a poder ser.
  • Camisa branca e garabata.
  • Unha tea colocada polos ombreiros e cruzada no peito a modo de toga (debe ser lisa)
  • Debedes enviala ao correo do cole antes do martes 26 de maio.

     

    Moitísimas grazas!

    Mónica

 

WEBEX

 

 Queridas familias:

Quería pedirvos o favor de que vos guiedes polo vídeo que segue para poder facer as sucesivas vídeo conferencias a través da única plataforma que abala a Xunta de Galicia: Webex. 

3º TRIMESTRE

Ola rapaces!

Benvidos ao terceiro trimestre!

Seguimos na casa e non sabemos ata cando vai a seguir así a situación, polo que, imos a arracar o terceiro trimestre conectados cada un dende a súa casa e ao seu ritmo.

Nas orientacións da Xunta di: "...Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do alumnado..."

E así o imos facer!

Colgarei en cada materia as tarefas para facer, cada un pode facer como lle sexa mais cómodo, seguindo o horario de clase, facendo cada día unha materia distinta, ..., tede en conta que esta vez pido que me enviedes as tarefas feitas ao noso correo de clase.

Tedes os libros para descargar na páxina principal do cole.

Para non acumular as correccións, a poder ser, cada día, me enviades o voso traballo e eu devólvoo corrixido.

Un saúdo e xa sabedes onde estou para o que precisedes:

-Chat de snappet

-Correo da clase: 6a.igrexavaladares@gmail.com

Bicos e apertas. 

Mónica

 

ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS

Distribuir contido


by Dr. Radut