Saltar navegación.
Inicio

Solcito que este artigo promocione á páxina principal.

ENTROIDO NO SAN VICENZO

          O 17 de Febreiro celebramos no CEIP San Vicenzo o Entroido, enchendo de cores e alegría o noso cole.

         Comezamos o día disfrazándonos na clase e preparando a merenda de doces do Entroido que máis tarde íamos a degustar.


         Logo baixamos ao patio e desfilamos para os nosos compañeiros e deseguido saímos do cole para ir ata a praza do concello. Cantas fotos nos sacaron os nosos pais, nais, amigos e veciños! e é que a verdade, estábamos moi guapiños.

@s nen@s de INFANTIL seguiron coa súa viaxe polos continentes e alí se inspiraron para deseñar os seus modelos:

       Dende o continente asiático chegaron os neno@s de 3 anos A, disfrazados de feroces tigres e amorosos osiños panda e ata o outro lado do atlántico tiveron que ir os nenos de 3 anos B, para chegar ao continente americano e vestirse como os aborixes desas terras: de xefes e xefas indios: JAU, irmáns indios!
                          

              

             

              

              

       O continente europeo foi estudado minuciosamente polos nenos de 4 anos, que se disfrazaron cos monumentos que máis lles chegaron ao corazón: A Torre de Hércules, a Torre do Reloxo, a Catedral de Santiago, a Torre Eiffel ….. en fin, un montón de cultura representada nestes pequenos!

               

                   

C@s raparig@s de 5 anos chega o baile de dous continentes incribles: dende África, @s nen@s de 5 anos B, vestidos de bailarinas da danza do ventre, e dende Oceanía, @s raparig@s de 5 anos A, danzando de bailarinas da Polinesia. Pero que ben se moven, que ben o fan!

             

             

              

             

Xa c@s raparig@s de PRIMARIA, chega a variedade,  a diversión, o colorido, o baile e ......
      

A FESTA!!!!!!!

Bruxas e fadas, superheroes e princesas,  animaliños, sevillanas, enfermeiras, pallasos,damas e cabaleiros, hippys, vampiros e vampiresas, magos e ninjas e un sen fin de disfraces máis apareceron este día de Entroido engalanados coas súas mellores vestimentas.
Mirade que  bonitiños ían estes nen@s . GUAU!

                                             @s cativ@s de 1º

             

             

             

             

   @s neniñ@s de 2º

              

              

@s raparig@s de 3º 

              

             

              

            

@s chavalot@s de 4º

            

              

            

            

@s nen@s de 5º

              

             

@s maiores de 6º

              

               

              Despois de xogar un cachiño no patio e gozar dos nosos disfraces, fomos a clase e fixemos unha merendola cos doces que todos trouxemos das nosas casas....ummmmm! qué ricos estaban!

            

                              Beso  E así, entre filloas, orellas e doces

                    demos por inaugurado o Entroido 2012 Guiño

    ATA LOGO!

Os enxeñeiros/as do San Vicenzo

Durante estas últimas semanas os rapaces de 6º de Primaria elaboraron diversos circuítos eléctricos demostrando que son todos/as uns artistas e que a electricidade non ten secretos para eles e elas. Na exposición que temos diante da biblioteca puidemos desfrutar de auténticas obras de enxeñería que van desde campos de fútbol ata avións, pasando por casas ou muíños entre outros. Así que pais e nais xa sabedes, se a partir de agora hai que renovar a instalación eléctrica da casa non o dubidedes e pedide axuda aos vosos fillos/as. 

Aquí vos queda unha imaxe da exposición, facendo clic enriba dela podedes acceder ao resto das fotos que se atopan na galería de imaxes.

 

EN MARZO ÁBRESE O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA OS ALUMNOS DE NOVA MATRÍCULA

Do 1 de marzo ao 10 de abril está aberto o prazo para a solicitude de admisión de novos alumnos no centro San Vicenzo. Os alumnos que xa estean matriculados este ano non necesitarán formalizar matrícula para o curso vindeiro.

Para solicitar a admisión haberá que presentar a seguinte documentación:

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2012 / 2013

(Para alumnos de nova matrícula)

 

 

 

Prazo: do 1 de marzo ao 10 de abril.

 

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  1. Impresos solicitude (Anexo I I).
  2. Enquisa de relixión.
  3. Certificado médico (cóbrese polo médico de cabeceira ou o pediatra).
  4. Impreso de Transporte Escolar.
  5. Fotocopia do libro de familia (folla na que aparece o neno).
  6. Dúas fotografías tamaño carné.
  7. Certificado de empadroamento conxunto no que aparezan tódolos membros da unidade familiar que convivan no domicilio do alumno (pídese no Concello).
  8. Fotocopia da Tarxeta Sanitaria do neno feita polas dúas caras.
  9. Impreso de autorización de publicación de imaxes.
  10.  No caso de separación ou divorcio dos pais, sentenza xudicial na que figure o convenio regulador e a persoa ou persoas que teñan a custodia legal do alumno.
  11. Impreso de autorización de recollida dos nenos en horario escolar.
  12. Cuestionario lingua materna.

 

Todos os documentos que pidan a sinatura deberán estar asinados tanto polo pai como pola nai ou titores legais.

 

Os alumnos que sexan usuarios do transporte escolar teñen dereito ao uso gratuíto do comedor escolar.

 

Esta tramitación corresponde solicitude de admisión. No mes de xuño (do 20 ao 30) deberá tramitarse a matrícula, para o que simplemente será necesario cubrir o impreso de matriculación correspondente no caso de que toda a documentación anterior xa se teña presentado. Dito impreso de matriculación será facilitado na secretaría do centro.

 

Tanto estas instruccións como os impresos necesarios para a tramitación poderanse pedir na secretaria do centro en horario de luns a venres de 12:10 a 13:00

Os impresos poden ser descargados nesta mesma web do CEIP San Vicenzo. Para facelo hay que entrar no menú da esquerda no apartado  "O Centro" --> "Secretaría" --> "Admisión".

Un día cheo de solidariedade

O pasado luns 30 de xaneiro tivo lugar o día mundial da Paz e da Non Violencia e os profes e alumnos/as do cole realizamos diversas actividades para celebralo.

Durante a semana pasadaos os grupos de Primaria e Infantil redactaron mensaxes de paz dentro dunhas frechiñas que polos pasillos do cole nos guiaban ata diversos poemas e ao diccionario da paz elaborado por tódolos alumnos/as do centro. Ademais, o equipo de biblioteca deunos algunhas recomendacións de obras literarias sobre a paz.

Xa o propio día da paz, pola tarde, un representante de cada curso leu unha poesía ou mensaxe con propósitos para intentar facer este mundo un pouquiño mellor. Unha vez rematadas as lecturas, todos/as (nenos/as, profes e pais e nais que se achegaron ao centro) entoamos a canción "Color Esperanza" de Diego Torres. Para finalizar a xornada tódolos alumnos/as,divididos por ciclos, participamos na "Carreira Solidaria" oraginzada polo cole a través da ONG "Save the Children", na que as vosas voltas ao patio (e as de moitos nenos e nenas de toda España) van axudar a que moitos/as rapaces da R.D. do Congo teñan acceso a unha educación básica.

Aquí vos queda unha imaxe desta xornada. Facendo clic nela teredes acceso á galería onde están o resto das fotos deste día.

Ademais, se premedes nas imaxes que van máis abaixo teredes acceso a un par de vídeos elaborados polas mestras do primeiro ciclo sobre as actividades realizadas neste día.

 

 

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

FESTIVAL DE NADAL 2011

O 21 de decembro despedimos dende o cole o ano 2011 cun espectacular Festival de Nadal, celebrado na Casa da Cultura de Vimianzo.


Nel participamos tódolos alumnos e mestres do noso cole e acompañáronnos coa súa presenza e calorosos aplausos, pais, nais, familiares e amigos.

Lembremos pois este animado día, gozando das seguintes fotos.

Comezaron o festival @s cativ@s do cole, facendo unha viaxe polo mundo moi especial:

 

@s nen@s de 3 anos "A" leváronnos ata a afastada China cunha canción titulada “Ni wawa”.


 

 

@s nen@s de 3 anos “B” seguiron viaxando polo mundo para chegar ao Brasil e interpretarnos o “Samba lelé”.


 

 

@s nen@s de 4  anos, volveron a Galicia ( a morriña, xa se sabe), e bailaron con moito xeito a “Media Volta”.

 

 

Ata a outra cara da Terra foron @s cativ@s de 5 anos A, sorprendéndonos cunha danza aborixe australiana

 

 

@s raparig@s de 5 anos B, leváronnos a terra de orixe do homo sapiens, a África, co famoso  Waka-waka

 

 

Despois desta viaxe polo mundo, chegaron os maiores do cole, o  grupo de 6º A cun musical que nada lle envexaba aos de broadway, titulado “ A Pulga e o Piollo”.

 

 

Volvemos de novo aos pequenos do cole, pero desta vez, aos pequenos da Educación Primaria, aos nen@s do 1º curso A e B que se xuntaron para interpretarnos unha bonita canción de Papá Noel buscando a súa árbore de Nadal.  

 


Continuando no mesmo ciclo, @s rapac@s  de 2º A, representaron unha obra de teatro con música e poesía titulada “O nacemento de Xesús”, na que nos lembraron o porque da celebración do nadal.


 

 

Apareceron de novo os maiores do cole, pero nesta ocasión, os de 6º A co seu particular “CLUBE DO CHISTE”, facéndonos rir un anaquiño.

 

 

De novo apareceu o 1º ciclo, neste caso cos nen@s de 2º B convertidos en encantos travesos que andan as trasnadas, roubando os calzóns de Papá Noel.

 


E chegou o 2º ciclo cos nen@s de 3º A e 3º B que xuntaron as súas voces para interpretar unha canción moi propia do nadal,  “Jingle Bells internacional”.

 

 

Continúa o ciclo co dúas espectaculares actuacións de baile dos 4º cursos. @s nen@s de 4º A co “Zumba zumba” e os de 4º B cunha danza escocesa.

 

 

 

Chegan por fin os case maiores do cole, @s rapazot@s de 5º A, cunha actuación de baile de creación propia e moi actual: “GOL”

 

 

Volven de novo os humoristas de 6º A co seu “Clube do chiste”


 

 

E cerran e despiden este  festival, @s nen@s de 5º B cun baile moi marchoso sobre unha versión roqueira de Jingle Bells Rock

POSTAIS DE NADAL 2011

Coma todos os anos xa temos aquí as postais que confeccionaron os alumnos para felicitar a todos este Nadal. Hai moitas, así que puxemos unha representación de cada ciclo. Agardamos que vos gusgten e BO NADAL PARATODOS!


UN LIBRO É O MELLOR REGALO

CONTOS DE SEMPRE: Os relatos están presentes en toda a historia da Humanidade. De feito, non hai pobo algún sen relatos, sen historias, sen contos. Os contos conteñen unha explicación xeral do mundo na que cabe TODO e donde sempre se encontran camiños para explicar o que se ve, o que sucede, o que queremos transmitir...

O conto é o modelo máis perfecto para conseguir un texto que explique todo, en calquera tempo, en calquera circunstancia.

Se queremos que os nenos cheguen a aprender, dominar e aplicar ALGO con criterio, debemos procurar ofrecer ese ALGO nun envoltorio que implique as emocións. Se esto non sucede, o aprendido non tará significado persoal. Por esto secularmente, contamos contos ós rapaces. Contamos contos? Deixámoslle esa función ó video, ó cine, á tele...?

Contémoslles un conto!!

DENDE A BIBLIOTECA DO CEIP SAN VICENZO RECOMENDAMOS:  

Colección AUDIOCONTOS DE Ed. Galaxia:                                                                              O galo Quirico     

                           Os 7 cabuxos

Edicións Xerais: Contos de Grimm, Contos de Perrault, Contos de Andersen

       

PARA OS PAIS: Existen no mercado libros que nos axudan a contar, a saber algo máis para facelo mellor.

  • Psicoanálisis de los cuentos de hadas. BETTELHEIM, Bruno. Ed. Crítica
  • El arte de contar cuentos. BRYANT, S. Ed. Biblaria
  • Como contar cuentos a los niños. RAINES, S e ISBELL, R.
  • Pues Señor... FORTÚN, Elena

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 


Noraboa a tódolos corredores/as

    Onte, mércores 7 de decembro, o noso cole participou na carreira de campo a través que se celebrou no campo de fútbol "Novas Raíces" de Cee. O tempo, aínda que non foi bó de todo, portouse ben e apenas choveu durante a carreira. Todos vós competichedes moi ben e o máis importante, pasamos unha mañá moi divertida coñecendo a rapaces doutros coles da nosa comarca.

    Algúns acadachedes incluso unha medalla e a clasificación para a seguinte carreira que será na Pobra do Caramiñal despois das vacacións de Nadal.

    Facede clic na imaxe se queredes ver o resto das fotos da carreira.

Gran participación na celebración do San Martiño

    O San Martiño 2011 tivo un gran éxito de participación por parte de todo o alumnado. Por un lado o propio día do San Martiño, o venres 11 de novembro, celebramos unha competición de baile de peón na que se inscribiron case 90 rapaces dos tres ciclos de Eduación Primaria. Isto fixo que tivesemos que organizar tres campionatos distintos para cada un dos ciclos. Moitos e moitas de vós demostrachedes ser uns expertos no baile de peón e finalmente resultaron vencedores Pablo Blanco (1º ciclo), Ángel Senra (2º ciclo) e Jesús Oanes (3º ciclo).
    Ademais os nenos/as de Educación Infantil desfrutaron coa exhibición que lles fixeron algúns alumnos/as de 3º ciclo e incluso algún dos pequenos iniciouse nisto do baile do peón demostrando moi boas maneiras.
    Por outra banda durante estes días realizamos unaha exhibición de peóns que vós mesmos decorachedes e na que conseguimos xuntar máis de 50 "obras de arte". Trala votación realizada por tódolos alumnos/as do cole os peóns máis votados foron os de Rodrigo Pereira (6ºB), Sergio Mouzo (2ºB), Uxia Min Andrade (4ºB) e David Blanco (4ºA).
    Noraboa aos gañadores/as e moitísimas grazas a todos/as pola vosa participación! Xa sabedes que a partir de ágora podedes coller peóns no préstamo de material dos recreos para non perder a práctica de cara ao próximo San Martiño!
    Se facedes clic aquí podedes ver o resto das fotos que se fixeron durante estes días.

 

Distribuir contido