Saltar navegación.
Inicio

Gran participación na celebración do San Martiño

    O San Martiño 2011 tivo un gran éxito de participación por parte de todo o alumnado. Por un lado o propio día do San Martiño, o venres 11 de novembro, celebramos unha competición de baile de peón na que se inscribiron case 90 rapaces dos tres ciclos de Eduación Primaria. Isto fixo que tivesemos que organizar tres campionatos distintos para cada un dos ciclos. Moitos e moitas de vós demostrachedes ser uns expertos no baile de peón e finalmente resultaron vencedores Pablo Blanco (1º ciclo), Ángel Senra (2º ciclo) e Jesús Oanes (3º ciclo).
    Ademais os nenos/as de Educación Infantil desfrutaron coa exhibición que lles fixeron algúns alumnos/as de 3º ciclo e incluso algún dos pequenos iniciouse nisto do baile do peón demostrando moi boas maneiras.
    Por outra banda durante estes días realizamos unaha exhibición de peóns que vós mesmos decorachedes e na que conseguimos xuntar máis de 50 "obras de arte". Trala votación realizada por tódolos alumnos/as do cole os peóns máis votados foron os de Rodrigo Pereira (6ºB), Sergio Mouzo (2ºB), Uxia Min Andrade (4ºB) e David Blanco (4ºA).
    Noraboa aos gañadores/as e moitísimas grazas a todos/as pola vosa participación! Xa sabedes que a partir de ágora podedes coller peóns no préstamo de material dos recreos para non perder a práctica de cara ao próximo San Martiño!
    Se facedes clic aquí podedes ver o resto das fotos que se fixeron durante estes días.