A ventá do San Vicenzo
BO NADAL 2020!!
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 22/12/2020 - 09:59O alumnado e o equipo de mestres de Educación Infantil desénxanvos...
(PREME PARA VER O VÍDEO)
BO NADAL!
BICOS E AGARIMO NESTE NADAL TAN ESPECIAL!
Enviado por MJVILLAVERDE o Lun, 21/12/2020 - 17:30Este ano, polo Nadal, o Apalpador propúxonos levarlle unha morea de agarimo á residencia de anciáns DomusVi de Vimianzo.
O alumnado do centro, por suposto, encheu o saco do Apalpador con postais e un mural xigante, onde recollen os mellores desexos para os usuarios e traballadores da residencia de maiores.
Dende o centro damos as gracias á ANPA e aos traballadores e usuarios de DomusVi pola súa implicación e colaboración, para poder levar a cabo esta actividade coa que potenciamos valores fundamentais para lograr unha sociedade cada día mellor e máis solidaria.
(PREMA PARA VER O VÍDEO)
Concurso Contos de Nadal : Noraboa Sara Roget Martínez
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 16/12/2020 - 21:02Noraboa a nosa alumna ,Sara Roget Martínez, por ter acadado o 6° posto no 17° certame de Contos de Nadal convocado pola Voz de Galicia e Radio Voz, no que participou alumnado de 4° curso de primaria do CEIP San Vicenzo.
Sara gañou o 6° posto coa súa obra "Ledicias de Nadal", de entre os 184 relatos que presentaron ao concurso distintos centros educativos da Costa da Morte.
Un gran posto Sara,noraboa!!!
- Acede á publicación premendo aquí
- Para acceder ao relato preme aquí
- Lea aquí os Dez Contos de Nadal premiados
UN LIBRO POLO NADAL
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 16/12/2020 - 09:57Que mellor agasallo que un Libro polo Nadal!
DÍA DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS- 10 DE DECEMBRO
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 11/12/2020 - 10:02Mural elaborado polo todo alumnado do centro para conmemorar o Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos
"TODA PERSOA TEN DEREITO Á EDUCACIÓN"
3 de Decembro "Día Internacional das Persoas con Discapacidade"
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 03/12/2020 - 10:3525 N- Déixaa que Baile!
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 27/11/2020 - 13:13O 25 de Novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero baixo o lema "DÉIXAA QUE BAILE!!". Todas as clases participaron na creación do Lazo Xigante con collage de fotos dos nenos, aprenderon a canción "Déjala que Baile" e elaboraron os seus zapatos morados con menxases para o agresor, que deixamos no cole a modo de exposición.
Se queredes ver como quedaron, poñede un ollo ao seguinte vídeo!
APRENDENDO CON BALÚ - ASOCIACIÓN ALOUMIÑOS E CADELAR - INTERVENCIÓNS ASISTIDAS CON ANIMAIS
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 27/11/2020 - 10:57Onte tivemos no colexio unha visita moi especial da man da asociación Aloumiños en colaboración con Cadelar, intervencións asistidas con animais. O alumnado de 5 anos realizou un taller para traballar a tenencia responsable de animais e gozaron coa visita da súa mascota Balú.
Canto nos gustou!
CLUB DE LECTURA 4º DE PRIMARIA - EL SUPERZORRO
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 25/11/2020 - 14:40
O noso alumnado de 4º de primaria expón no Club de Lectura a súa opinión e resumo do conto El Superzorro:
NON A VIOLENCIA DE XÉNERO- POR MARÍA PARDIÑÁS- 4º DE PRIMARIA
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 25/11/2020 - 11:11A alumna de 4º de primaria María Pardiñas elaborou unha pequena presentación para conmemorar o Día 25 de Novembro Contra a Violencia de Xénero,
preme na imaxe para poder descagala:
Noraboa polo traballo, María!!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
