Solcito que este artigo promocione á páxina principal.
LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS. RESERVA CURSO 2023/2024.
Enviado por ROCÍO o Xov, 16/02/2023 - 14:20Todas as solicitudes presentadas polo alumnado de 6º de Ed. Primaria foron admitidas.
Poden consultar a listaxe definitiva no taboleiro de anuncios situado no interior do centro
educativo.
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2023-2024
Enviado por ROCÍO o Mar, 17/01/2023 - 22:32RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN IES TERRA DE SONEIRA
Alumnado que cursa 6º de Educación Primaria no curso 2022-2023.
Prazo de presentación: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023
Lugar de presentación:
- no centro de orixe (CEIP Plurilingüe San Vicenzo)
- na aplicación admisionalumnado
Impresos a presentar: Anexo I e Anexo I-bis
Consulta das listaxes de alumnado admitido:
- o centro adscrito e o centro de adscrición publicarán no taboleiro de anuncios a listaxe definitiva de alumnado con posto reservado o día 22 de febrero.
- Na aplicación admisionalumnado
Normativa relacionada:
- Decreto 13/2022, do 3 de febrero
- Orde do 21 de outubro de 2022
Contacontos no Nadal
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 20/12/2022 - 13:29Nesta última semana do Nadal, temos unhas contacontos moi especiais.
Esperamos que gocedes moito destas datas tan especiais.
BO NADAL!
Visita de Miguel, o entomólogo a 4º de Educación Primaria
Enviado por MJVILLAVERDE o Mér, 14/12/2022 - 18:59
Hoxe foi un mércores moi especial nas cabanas de Jumanji de 4º de Educación Primaria. Estamos aprendendo moito sobre os animais invertebrados e para coñecer un pouco máis sobre estes animais, hoxe pasamos unha mañá moi entretida con Miguel, un entomólogo que coida e estudia artrópodos.
Neste vídeo amosámosvos moitos dos animais que coñecemos nesta actividade.
PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
Recibimos a visita da Garda Civil
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 02/12/2022 - 17:46Pois si, como ben di o título desta entrada, o pasado recibimos a visita da Garda Civil, e non dun Garda Civil, senón de varios equipos da Garda Civil, Seprona, Submarinos, Axentes antidrogas, explosivos...
Foi unha experiencia que nos gustou moito.
Deixámosvos un pequeno vídeo onde podedes ver o que estivemos facendo.
PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
Madriñas lectoras da semana
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 25/11/2022 - 14:20Esta semana unhas alumnas de segundo foron as nosas "madriñas lectoras". Grisela e "Mecachis quiero ser grande" sempre teñen éxito.
Fixérono moi ben.
Moitas grazas!
A ver que padriños e madriñas nos sorprenden as vindeiras semanas.
Os nosos contacontos
Enviado por MJVILLAVERDE o Xov, 17/11/2022 - 21:20Esta semana os nosos "contacontos" agasallaron aos máis pequenos cos seguintes contos:
- "Monstruos patas arriba"
- "La llave de los sueños"
Que ben o pasamos!
Grazas a todos/as!
LECTURAS TERRORÍFICAS
Enviado por MJVILLAVERDE o Mar, 08/11/2022 - 21:48Polo Samaín levamos a cabo lecturas terroríficas para os máis pequenos.
Tivemos uns padriños lectores xeniais que prepararon as súas lecturas e léronllas aos máis pequenos do cole.
SAMAÍN E MAGOSTO 2022
Enviado por MJVILLAVERDE o Ven, 28/10/2022 - 21:01Xa chegou o Samaín e o magosto ao noso cole.
Hoxe estivemos gozando dunha xornada marabillosa, aínda que o tempo non nos acompañou como nos gustaría.
A continuación podedes ver o ben que o pasamos.
(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)
PUBLICADAS LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS PARA O CURSO 2022/2023
Enviado por ROCÍO o Mér, 13/07/2022 - 11:11Publicadas Listaxes Provisionais de Fondolibros para Educación Primaria.
Os interesados poden consultar:
1. Accedendo á aplicación "Fondolibros" no menú "Cidadáns" coa Chave 365 ou certificado dixital.
2. No taboleiro de anuncios situado no interior do colexio.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »