Saltar navegación.
Inicio

blogue deMJVILLAVERDE

SOLICITUDE DE BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Aberto o prazo para SOLICITUDE DE BECAS  E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Prazo: ata o día 30 de setembro.

 

PLAN DE ACOLLIDA PARA O CURSO 2021-2022 / INFORMACIÓN PARA FAMILIAS E PROFESORADO

Comezo das clases: O comezo das clases para o curso 2021-2022 será o día 9 de setembro, agás para o alumnado de 3 anos que comezará ao día seguinte co período de adaptación segundo lle corresponda. 

 

Información xeral para as familias relativa á organización e funcionamento do centro:Entrando no documento que aparece a continuación poden acceder á información necesaria que todas as familias deben coñecer (horarios e portas de entrada,reunións iniciais, titorias, organización...)

 

 

 

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

Seguindo as instrucións 2/2021 que regulan o funcionamento e xestión do servizo de comedor escolar 2021/2022, todos os/as alumnos/as do centro, incluídos os de transporte escolar, que desexen facer uso do servizo de comedor escolar, deberán solicitar praza de comedor dende o 30 de xuño ao 8 de xullo de 2021.

A continuación deixámoslle acceso á circular coas instruccións necesarias para realizar a solicitude, así como o acceso a Autodeclaración Responsable e á Solicitude de colaboración no comedor:

PRAZO: As solicitudes recolleranse ata o día 8 de xullo de 2021.

Un saúdo

A dirección

 

GRADUACIÓNS CURSO 2020-2021

 

(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)

 

     

(PREMA NA IMAXE PARA VER O VÍDEO)

   

A ENTRADA NA EDUCACIÓN INFANTIL

Para as familias do alumnado que se incorpora por primeira vez á Educación Infantil no CEIP San Vicenzo de Vimianzo, dende o Departamento de Orientación deixamos un dossier con consellos e orientacións de cara ao comezo do curso 2021/2022:

Benvidos e moita sorte!

A Orientadora

LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2021/2022

Nos seguintes arquivos adxuntos poden acceder ás listaxes dos libros para o curso 2021/2022:

ANIMACIÓNS Á LECTURA POR SANTILLANA

O día 1 de xuño de 2021 tiviemos o pracer de contar coa visita de Vicky Pérez, de Santillana, para animar ao noso alumnado de 1º, 3º e 4º a ler e soñar coas historias que outros inventaron para eles.

ADEUS PRIMARIA

Información para familias e alumnado de 6º de primaria sobre o proceso de cambio de etapa educativa:

 

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ÁRIAS

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, este ano adicado á figura de Xela Arias, completamos o mural das Nosas Grandes Mulleres galegas engadindo nel a homenaxeada. Participaron todos os alumnos e alumnas do centro, decoraron a súa caricatura e traballaron distintos poemas da autora que representamos en forma de caligrama. Na imaxe podedes ver o resultado:

 

Distribuir contido