Saltar navegación.
Inicio

Actividades

25 Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

No seguinte vídeo podedes ver unha pequena mostra das actividades que se fixeron no centro para conmemorar o día 25 de Novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

FESTEXAMOS! SAMAÍN E MAGOSTO 2021

Unha pequena mostra do noso SAMAÍN E MAGOSTO 2021! 


 (PREMA NA IMAXE)

TEATRO NA SEMANA DO LIBRO: O EXÉRCITO DAS PAXARIÑAS

 

Soraya Lema, antiga alumna do centro,  e Adela Dios presentaronos a obra O EXÉRCITO DAS PAXARIÑAS, fábula inspirada no relato "A Fraga das Paxariñas" de Xela Arias, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

 

O EXÉRCITO DAS PAXARIÑAS

"Dúas Rapazas aventureiras atópanse co exército das paxariñas: a paxariña traductora, a poeta, a música e a reivindicativa. Todas elas forman a alma de Xela. Falan moitas lingüas, máis unha úneas a todas: a lingua galega. A través de fábulas e contos con acompañamento musical descubrimos a vida e obra da escritora."

 

Prema para vídeo

 

Moitas grazas por vir!! Encantounos!!

 

GRANDES MULLERES GALEGAS: DO DÍA DE ROSALÍA AO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 

Hoxe cúmprense 184 anos do nacemento de Rosalía de Castro, unha das mulleres máis representativas da cultura galega. Ao longo do tempo e na actualidade, son moitas as mulleres galegas que destacaron en distintos eidos (cultural, literario,deportivo, político...).

Investigaremos sobre algunhas delas ata o 8 de Marzo, día da conmemoración da Muller Traballadora.

Preme nas imaxes se queres ver que imos coñecendo de cada unha delas:

 

                                                          

     

 

   

 

   

 

BICOS E AGARIMO NESTE NADAL TAN ESPECIAL!

Este ano, polo Nadal, o Apalpador propúxonos levarlle unha morea de agarimo á residencia de anciáns DomusVi de Vimianzo.

O alumnado do centro, por suposto, encheu o saco do Apalpador con postais e un mural xigante, onde recollen os mellores desexos para os usuarios e traballadores da residencia de maiores.

Dende o centro damos as gracias á ANPA e aos traballadores e usuarios de DomusVi pola súa implicación e colaboración, para poder levar a cabo esta actividade coa que potenciamos valores fundamentais para lograr unha sociedade cada día mellor e máis solidaria.

(PREMA PARA VER O VÍDEO)

 

 

 

 

25 N- Déixaa que Baile!

O 25 de Novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero baixo o lema "DÉIXAA QUE BAILE!!". Todas as clases participaron na creación do Lazo Xigante con collage de fotos dos nenos,  aprenderon a canción "Déjala que Baile" e elaboraron os seus zapatos morados con menxases para o agresor, que deixamos no cole a modo de exposición.

Se queredes ver como quedaron, poñede un ollo ao seguinte vídeo!

(Preme na Imaxe para acceder ao vídeo)

MAGOSTO E SAMAÍN 2020 NO SAN VICENZO DE VIMIANZO

Hai anos, o 1 de novembro, tras a noite de Samaín, as avoas e nais cosían colares ou pulseiras de zonchos para os máis pequenos da casa.

Algúns historiadores afirman que se facían coa crenza de que cada castaña comida era un alma salvada e outros opinan que se facían como amuleto para protexer aos nenos dos malos espíritos.

Este ano rescatamos esta vella tradición para que non quede no esquecemento e para ter unha boa oportunidade para comer un puñado de saborosas castañas. Para ver o resultado accede o seguinte vídeo:

EDLG

 

 

BOOKTUBERS COS NENOS E NENAS DE 1º

ÁRBORE DOS PAREADOS!

 

Achégase a primavera e as árbores comezan a botar folla. No noso cole naceu unha árbore con unhas follas moi especiais!

Preme no seguinte enlace ou escanea o código QR para vela:

 

https://www.thinglink.com/scene/1293955817875177474

 Códiogo QR

 

  •  Actividade relacionada co noso proxecto de centro: Coidemos o noso planeta.

 

 

 

HOMENAXE: DÍA DE ROSALÍA - DÍA DA MULLER

ACTUACIÓN DE IRMA MACÍAS E XAQUÍN RAMA

O Día 4 de Marzo, con motivo da celebración do Día de Rosalía (24 de febreiro) e do Día da Muller (8 de marzo), tivemos o pracer de gozar da actuación de Irma Macías e Xaquín Rama , antiga alumna do colexio e vocalista de Luar na Lubre. Deleitáronnos con cancións populares galegas e letras de Rosalia de Castro. Irma é un gran exemplo de muller que logra os seus soños a base de constancia para perseguilos.

Un orgullo poder contar cos dous artistas neste centro!

 

 

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

No CEIP San Vicenzo homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu día. O alumnado de 3º organizou un Recital de Poesía para as súas familias e os seus compañeiros/as do centro. A continuación umha pequena mostra do resultado:

 

 

 

 

Distribuir contido