Saltar navegación.
Inicio

Actividades e celebracións

VIDEO DO ALUMNADO DANDO APOIO Á SOCIEDADE DURANTE COVID-19

O alumnado do CEIP Plurilingüe San Vicenzo tamén quere dar a súa mostra de ánimo á sociedade e apoio a todos os profesionais que están axudándonos a superar esta situación tan complicada. Deixámosvos aquí un pequeno vídeo.

ÁRBORE DOS PAREADOS!

 

Achégase a primavera e as árbores comezan a botar folla. No noso cole naceu unha árbore con unhas follas moi especiais!

Preme no seguinte enlace ou escanea o código QR para vela:

 

https://www.thinglink.com/scene/1293955817875177474

 Códiogo QR

 

  •  Actividade relacionada co noso proxecto de centro: Coidemos o noso planeta.

 

 

 

HOMENAXE: DÍA DE ROSALÍA - DÍA DA MULLER

ACTUACIÓN DE IRMA MACÍAS E XAQUÍN RAMA

O Día 4 de Marzo, con motivo da celebración do Día de Rosalía (24 de febreiro) e do Día da Muller (8 de marzo), tivemos o pracer de gozar da actuación de Irma Macías e Xaquín Rama , antiga alumna do colexio e vocalista de Luar na Lubre. Deleitáronnos con cancións populares galegas e letras de Rosalia de Castro. Irma é un gran exemplo de muller que logra os seus soños a base de constancia para perseguilos.

Un orgullo poder contar cos dous artistas neste centro!

 

 

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

No CEIP San Vicenzo homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu día. O alumnado de 3º organizou un Recital de Poesía para as súas familias e os seus compañeiros/as do centro. A continuación umha pequena mostra do resultado:

 

 

 

 

CHARLA EDUCATIVA SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

O día 21 de xaneiro tivemos no centro unha charla sobre "os riscos asociados ás novas tecnoloxías e o uso das redes sociais" para o alumnado de 5º e 6º de primaria, impartida pola Garda Civil.

 

SAÍDA AO CINE POLO NADAL!

CONTACONTOS - "PEDRINA NA MONTAÑA" DE SORAYA LEMA CARBALLO

 

Hoxe visitounos Soraya Lema para falarnos dos Penedos de Pasarela en forma de conto: "Pedrina na Montaña".

Gracias Soraya pola túa actuación!

25 N- NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

 

  

   

Fin de Ano 2015

As nenas e nenos de Ed. Infantil, adiantámonos un pouco ao Fin de Ano e xa o celebramos o 18 de decembro.

Primeiro preparamos a merenda, uns renos/madalena que estaban boísimos.

 


Tamén tomamos as uvas coas badaladas do reloxo da Porta do Sol, e pasamos polo "photocall".

 

E despois a festa...o baile...e os xogos... 

 


Que o amor, a paz e a felicidade, formen parte da nosa vida neste ano que está empezando. FELIZ ANO NOVO!!

 

Comeza a escola

 

Excursión a Santiago de Compostela

Distribuir contido