Saltar navegación.
Inicio

ATENCIÓN! PROCESO DE ADMISIÓN

Atendendo ao disposto na Instruccións do 13 de marzo de 2020, provisionais dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción das medidas a adoptar en relación á pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020.

PROCESO DE ADMISIÓN:

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizá 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a prestación das solicitudes.

ÁRBORE DOS PAREADOS!

 

Achégase a primavera e as árbores comezan a botar folla. No noso cole naceu unha árbore con unhas follas moi especiais!

Preme no seguinte enlace ou escanea o código QR para vela:

 

https://www.thinglink.com/scene/1293955817875177474

 Códiogo QR

 

  •  Actividade relacionada co noso proxecto de centro: Coidemos o noso planeta.

 

 

 

LISTAXE DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos. Reserva curso 2020/2021.

HOMENAXE: DÍA DE ROSALÍA - DÍA DA MULLER

ACTUACIÓN DE IRMA MACÍAS E XAQUÍN RAMA

O Día 4 de Marzo, con motivo da celebración do Día de Rosalía (24 de febreiro) e do Día da Muller (8 de marzo), tivemos o pracer de gozar da actuación de Irma Macías e Xaquín Rama , antiga alumna do colexio e vocalista de Luar na Lubre. Deleitáronnos con cancións populares galegas e letras de Rosalia de Castro. Irma é un gran exemplo de muller que logra os seus soños a base de constancia para perseguilos.

Un orgullo poder contar cos dous artistas neste centro!

 

 

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

No CEIP San Vicenzo homenaxeamos a Rosalía de Castro no seu día. O alumnado de 3º organizou un Recital de Poesía para as súas familias e os seus compañeiros/as do centro. A continuación umha pequena mostra do resultado:

 

 

 

 

ENTROIDO 2020

O venres 21 de febreiro de 2020 celebramos o noso desfile de entroido.Este ano a temática estivo relacionada co proxecto de centro baixo o lema "Coidemos o noso planeta". A continuación móstrase un pequeno resumo do ben que o pasamos. Esperamos que vos guste!

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021.

Do 1 ao 23 de  marzo ábrese o prazo de solicitude de admisión de novos alumnos/as no CEIP Plurilingüe San Vicenzo para o curso 2020/21.

Os impresos de solicitude de praza escolar serán os correspondentes aos anexos da Orde do 12 de marzo de 2013.

Métodos de presentación de solicitudes:

  • Recoller a solicitude no centro ou descargala na aplicación admisiónalumnado, imprimir, cubrir e presentala no centro educativo ( anexo ll ED550B) (www.edu.xunta.es/admisionalumnado)
  • Presentar a solicitude no centro creada a través da aplicación.
  • Presentar a solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación.

Presentar especial atención aos datos persoais así como DNI ou NIE achegados ou xénero. Tamén se desexa ou non os servizos de comedor e/ou transporte escolar ofertados polo centro. Poden ver as instruccións na mesma aplicación ou no taboleiro de anuncios do centro.

A listaxe provisional de admitidos e non admitidos publicarase no taboleiro de anuncios do centro e na páxina web antes do 25 de abril e a definitiva antes do 15 de maio.

RESERVA DO ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS

Publicada, dende o día 18 de febreiro de 2020,no taboleiro do centro a listaxe de alumnos/as de centros adcritos con solicitudes de reserva de praza.

VACACIÓN DE ENTROIDO

Dende o CEIP Plurilingüe San Vicenzo de Vimianzo informámolós de que as clases, despois das vacacións de Entroido, se reanudarán o vindeiro xoves 27 de febreiro.

CONTACONTOS NO MES DE FEBREIRO

 

 

 

LECTURAS PARA OS MÁIS PEQUENOS MES DE XANEIRO

 

  

  

Distribuir contido