Saltar navegación.
Inicio

CHARLA SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO PARA ALUMNOS DE 6º

ANTE A INFLUENCIA TAN PREXUDICIAL QUE O CAMBIO CLIMÁTICO ESTÁ A TER PARA O NOSO PLANETA, ESTASE PROCURANDO QUE TODOS NOS CONCIENCIEMOS E INTENTEMOS CAMBIAR "ESTE CAMBIO".

UNIÓNS AGRARIAS ACHEGOUSE AO NOSO CENTRO PARA MANTER UN CONTACTO CON ALUMNOS DE 6º, DONDE LLE EXPLICARON SOBRE O IMPACTO DO CAMBIO CLIMÁTICA NA PRODUCCIÓN AGRÍCOLA E FORESTAL, DEBIDO A UN CALENTAMENTO GLOBAL DO PLANETA.

COMENTÁRONLLE ADEMÁIS EN QUE CONSISTÍA O EFECTO INVERNADOIRO E QUE TIPO DE GASES ESTABAN A PRODUCIR ESTE EFECTO, FALÁRONLLE SOBRE O DIÓXIDO DE CARBONO, NITRÓXENO, OSÍXENO ETC.

TODA ESTA CHARLA ESTIVO ACOMPAÑADA CON UNHA EXPOSICIÓN DE PANEIS DONDE SE MOSTRABAN ESTES IMPACTOS, E TAMÉN CON GRAN VARIEDADE DE GRÁFICAS.

OS ALUMNOS/AS ESTIVERON MOI ATENTOS E IMPRESIONADOS DA GRAVIDADE QUE PODE CHEGAR A TER ESTE CAMBIO SE NON LLE POÑEMOS REMEDIO XÁ.

fINALMENTE CONTESTARON A UNHA SERIE DE PREGUNTAS QUE AS PONENTES LLES FIXERON E PROMETERON QUE PARTICIPARÍAN NUN CONCURSO RELACIONADO CON TODO ESTO.

RESULTOU UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE.

Ver imagen en tamaño completo

 

                  

XORNADA DE ACTIVDADES COMPLEMENTARIAS

O xoves 4 de xuño tivo lugar no noso colexio unha xornada de actividades complementarias. O evento consistiu na realización de bailes modernos, rap, esgrima e salvamento.

Os alumnos que participaron nesta actividade foron 5º A, 5º B e 6º B. Ademais do noso colexio, participaron os centro de Ponte do porto, Muxía e Fisterra.

Esta actividade queda enmarcada dentro do programa Deporte na Escola que desenvolve a Consellería de educación xunta coa Secretaría Xeral para o Deporte. 

 

Para ver imaxes pincha aquí

San Vincezo-Carantoña-Castromil (Xornada de convivencia)

05/06/2009 00:30
05/06/2009 15:30
Etc/GMT

 


 

Este Venres temos unha visita moi especial, os nenos/as das escolas de Carantoña e Castromil veñen de visita ao noso centro!

Así todos poderemos coñecernos un pouco mais. Desfrutaremos os alumnos/as de Infantil dunha xornada con xogos e actividades un tanto especiais.

Benvidos! 

Crónica da saída a Balarés

Unha vez mais, a saída a Balarés rematou sendo un éxito rotundo. Unha xornada de distensión e convivencia na que sustituimos libros e exercicións por un día de contacto coa natureza e o entorno.

Novamente, a andaina foi longa e dura. Estreitos camiños que se adentraban nas fragas, grandes dunas de area (coma no deserto), cantís pendentes, etc.

O remate das nosas aventuras merecían un bo xantar, ademais, acompañado por un refrescante postre sorpresa!!

Como remate da xornada, poidemos gozar de actividades e xogos na praia.

Enlaces sobre a actividade____________________________________

Álbum de fotos da excursión.

Opina sobre a excursión no blogue!

___________________________________________________________

sentímolo, flash non está dispoñible.

OS MAIOS

27/05/2009 14:30
27/05/2009 16:30
Etc/GMT

"Os maios" é unha celebración que se fai nalgunhas zonas de Galicia, sobre todo no sur; no norte son de destacar os que se celebran en Pontedeume e Viveiro.
Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos; a data de celebración vai desde abril ata mediados de maio.

(Álbum de fotos) 

  


Os maios máis tradicionais e característicos tiñan forma cónica, cunha estructura feita de varas e vimbios recubertos con fiuncho, hedras, espadanas, flores, laranxas, cintas, cascas de ovos, etc... Era transportado por un neno que ía no seu interior, e cantaba unha estrofa ou dicía un refrán que repetían os demais compoñentes do grupo dando voltas arredor do "maio".
Hoxe en día, ademais da forma tradicional, intentan imitar casas, castelos, cruceiros, murallas, etc...

Algunhas das cantigas eran:

Escoiten nosos señores
o que lles imos cantar:
as copras que tran "Os maios"
floridos hastra namáis.

Estén todos moi atentos
que imos escomenzar,
deprendan o que cantamos
axúdennos ó acabar.

Cantar, cantarlle ó "maio" florido.
Cantar, cantarlle unha vez máis.
Cantar, cantarlle ó "maio" garrido.
Cantar, cantarlle así sen parar.


Maio da mariña

Xa chegou o "Maio"
florido e galán.
Chegou tra-lo inverno
e antes do verán.

Baixou dende o cumio
do castelo antergo.
ata o val do Eume
doce e señoreiro.

"Maio" rameiro:
bicou as campiñas
i en cada bicada
naceron floriñas.


"Maio" amarigoso
bicou as cerdeiras
e ahí tede-las froitas
máis ricas da terra.

Xa chegou o "Maio"
da nosa mariña
"Maio" namorado
do mar e da andoriña.

Chegou dende lonxe
acollédeo ben
nesta noble vila
de Galicia "edén"

Excursión a Balarés

29/05/2009 10:00
Etc/GMT

Despois dun longo curso de traballo e esforzo, témolo ben merecido!

Celebraremos o día do medio ambiente e a "despedida" do curso escolar con unha saída conxunta de todo o colexio á "AREA RECREATIVA DE BALARÉS".

Faremos unha ruta de senderismo onde poderemos entrar en contacto co entorno e a natureza. Finalmente chegaremos Praia de Balarés onderpoderemos ver unha antigua Mina de Titanio da II Guerra Mundial e o seu apeadeiro de onde saían os barcos cara Alemaña.

Historia, natureza, unha xornada de convivencia e distensión entre alumnos/as profesores/as... 

Que mais se pode pedir?

 

 

Novo xogo online

Xa está colgado na web da As.pg o novo xogo online en galego A curuxa. Tratase dunha divertida mistura entre o clásico Trivial e o xogo da Oca.

Premede na imaxe e poderedes desfrutar del xogando sos ou cos vosos comapñeiros/as.

 (Preme na imaxe)

 

NOVAS ACTIVIDADES JCLIC

AS NOSAS COMPAÑEIRAS DO GRUPO DE TRABALLO VOLVEN A AMOSARNOS O SEU TRABALLO EN JCLIC, PARA QUE TODOS/AS PODADES TRABALLAR CON ELAS.

PINCHA AQUÍ

 

OLIMPIADA DE ATLETISMO EN ZAS

O mércores 20 de maio tivo lugar unha olimpiada de atletismo en Zas na que participaron colexios de toda a comarca da costa da morte: Ceip de Baio, Cpi de Zas, Ceip Ponte do Porto, Ceip Mar de fora e Ceip Sardiñeiro de Fisterra, e por suposto o noso Ceip San Vicenzo de Vimianzo.

A xornada enmarcada dentro do programa deportivo DEPORTE NA ESCOLA, promovido pola Consellería de Educación, tivo un éxito de participación. 

As probas que se realizaron foron:
  • 1 volta a pista (314 m. para benx. e 374 para alevíns)
  • Salto de lonxitude
  • Salto de altura
  • Lanzamento de peso (2 kg)
  • Lanzamento de xabalina (o anteriormente explicado)
  • 60 metros lisos
  • 200 metros lisos
  • Relevos  4 x 50.
 Os atletas participantes demostraron unha grande destreza na realización de cada unha das probas. A competición estivo moi reñida e ao final da mesma os nenos e nenas de Vimianzo acadaron uns magníficos resultados que se viron reflectidos na consecución das correspondentes medallas. Parabéns a tódolos participantes e organizadores de dito evento.  

 

 

 

(ver mais fotos)

Videoconferencia no Telecentro

O pasado Venres 15 de Maio os compañeiros do 3º ciclo acudiron ao telecentro para realizar unha actividade moi interesante.

Mantiveron unha "videoconferencia" con alumnos do colexio de Abegondo. 

A mais de 50 km de distancia, pero unidos por unha pantalla e unha conexión a internet, todos puidemos homenaxear a Ramón Piñeiro.

 

 

(ver mais fotos)

 

Distribuir contido