Saltar navegación.
Inicio

Xa temos nova mascota para o blog de educación física

Despois de un longo e duro proceso de selección de entre todas as mascotas elaboradas por alumnos/as do noso centro... xa temos representantre oficial do noso blog de educación física!

Coa axuda das vosas votacións finalmente resultou gañador o "Rino Vicentino", un super-rinoceronte futbolista que dende agora pasa a dar nome ao noso blog e ademais figura na barra esquerda da nosa web. Dende agora xa podedes visitar o sitio de educación física facendo click directamente nel.

Nova Radio i.Nova

Amig@s.

i.Nova Podcast xa é unha realidade. Despois dun traballo de aprendizaxe, o equipo de redacción xa está a obter resultados nesta nova andaina radiofónica que semanalmente irá enchendo o podcast da nosa web de novos capítulos reproducibles en audio; ademais das clásicas novas escritas.

Xa temos as dúas primeiras entregas colgadas. Queres escoitalas? Accede pinchando na imaxe.

 

OS NENOS DE VIMIANZO APRENDEN A PROTEXER O BOSQUE

O LUNS 21 CHEGOU A PRIMAVERA E FOI O DÍA DA ÁRBORE.

PARA CELEBRALO FOMOS COÑECER O DISTRITO FORESTAL.

EN VASOS DE IOGUR SEMENTAMOS SEMENTES DE PINOS, BIDUEIROS, ACIBROS E OUTRAS ÁRBORES PARA QUE COIDEMOS O SEU NACEMENTO E POSTERIOR PLANTACIÓN.

SE QUEREDES VER ALGUNHAS FOTOS PINCHA NA IMAXE

OS AXENTES, TÉCNICOS E MEMBROS DAS CUADRILLAS DEIXÁRON QUE  PROBÁRAMOS OS SEUS TRAXES, O SEU EQUIPO, E QUE SUBÍRAMOS ÁS MOTOBOMBAS.

APRENDEMOS UN MONTÓN E PASÁMOLO PIPA.

Comeza radio i.Nova

Anunciámosvos que dende agora mesmo, o noso equipo de redactoras de comeza a traballar na elaboración de novas a través do canal Podcast.

E isto que significa? 

Pois moi sinxelo, no noso canal de podcast poderedes atopar novas, enquisas, etc, en formato de audio, coma se dunha canle de radio se tratara. 

Así que dende agora abride ben os oídos, compañeiros e compañeiras.

Posta en marcha con éxito das I Xornadas de Convivencia Escolar.

Este Martes 22 tivo lugar a primeira sesión de ponencias das I Xornadas de Convivencia Escolar cun balance moi positivo. Por motivos técnicos foi necesario introducir no programa un cambio: Comezando pola temática dos "riscos de internet", polo que a vindeira semana terá lugar, no seu defecto, as charlas específicas sobre "acoso escolar.

As charlas impartidas por un Sarxento da Guardia Civil especializado en delitos telemáticos  foron ben

"As charlas do pasado luns supuxeron a estrea do novo equipamento da aula de audivosuais"

recibidas polos alumnos/as do 3º ciclo, quenes ademais demostraron saber e usar internet moito mais do que imaxinabamos. 

A charla orientada a pais e nais, pola contra, contaron cunha discreta asistencia resultando igual de interesante e reveladora. Ademais diso confirmounos a necesidade e responsabilidade dos adultos de involucrarnos nestes novos medios para poder educar aos cativos/as e previlos dos seus males.  

 


A aula de audiovisuais do centro "actualizase"

 

A aula de audiovisuais do terceiro piso ven de recibir interesantes melloras para o seu uso. Estas melloras consisten na istalación fixa dun proxector e unha pantalla de grandes dimensións.

Ademais disto existirá a corto prazo un equipo de DVD, ordenador portátil e un altofalante de alta fidelidade con microfonía. Con estas melloras búscase a dotación dunha aula específica e especializada na reproducción de filmes, organización de conferencias e charlas, presentacións e proxeccións multimedia, etc.

 


 

 

Infantil estre a nova Pizarra Dixital Interactiva.

Esta é a nova Pizarra dixital coa cal os nenos e nenas de infantil contan dende hoxe na súa aula de usos múltiples. Esta nova pizarra está dotada con tódolos recursos de audio e vídeo, acceso a internet, etc.

Como sabedes trátase dun recurso educativo de última xeración que combina tódolas ventaxas das novas tecnoloxías volcadas no formato tradicional do encerado abrindo novos camiños á interactividade e multidimensionalidade nas aprendizaxes dos mais cativos/as.

Felicidades e a desfrutala!

CARNAVAL!!

ACHÉGASE O CARNAVAL E POLO COLE XA ANDAMOS COS PREPARATIVOS.

NA CLASE DE 3 ANOS XA ESTIVERON ALGUNHAS MAMÁS PARA AXUDARNOS A FACER OS NOSOS DISFRACES.

COMO O NOSO CONTO PREFERIDO É PETER PAN, HABERÁ CAMPAIÑAS, CAPITÁNS GARFO, UN CROCODILO, WENDY, ETC, E POR SUPOSTO MOITOS PETER.

SE QUERES VER MÁIS FOTOS PINCHA SOBRE A IMAXE DESTE PALLASIÑO


 

ACTIVIDADES: PLAN DE CONVIVENCIA ESCOLAR.

 

I XORNADAS DE CONVIVENCIA CEIP SAN VICENZO 2011

Como actividade contextualizada dentro do Plan de Convicencia do CEIP San Vicenzo, durante os vindeiros meses de Febreiro e Marzo terán lugar no noso centro as I Xornadas de Convivencia Escolar cunha oferta de experiencias englobadas e programadas dentro do II Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar levadas a cabo polo Ministerio de Interior a través de mebros dos corpos da Policia Nacional e da Garda Civil. 

De acordo con isto, organizaránse unha serie de reunións e charlas impartidas por expertos policiais para falar de dúas das problemáticas relacionada coa seguridade dos xóvenes e que mais nos inquedan ao conxunto da comunidade: o acoso escolar e os riscos en internet. Terán lugar os Martes 22de Febreiro e 1 de Marzo.

O obxectivo é axudar a mellorar o coñecemento e concienciación sobre estas problemáticas a alumnos, pais e profesores; familiarizarnos cos mecanismos legais e de funcionamento dos membros e corpos de seguridade e motivar a reflexión sobre a adopción conductas que axuden a previr destes riscos dende a propia comunidade.

As diferentes charlas irán destinadas para alumnos/as, pero tamén para pais/nais e profesores/as. Co cal estades invitados a asistir ás mesmas para o cal xa vos enviaremos a información pertinente.

Todala información sobre horarios e grupos podedela consultar no calendario de eventos.




 

AS FAMILIAS CONTACONTOS

Os contos son un material imprescindible para o proceso de aprendizaxe da lectura e da escritura, ademais de para outras moitas cousas.

Se os nenos e as nenas nos ven lendo ou léndolles a eles, quererán imitarnos. Por este motivo, as profes de infantil, convidamos ás familias a vir ao cole e contarlles un conto aquí, na súa aula. Houbo quen se animou a compartir con nós un momento tan especial.

Aqui tedes unha foto desta experiencia. Na galería podedes ver algunha máis, aínda que non todas, xa que non houbo ocasión de quitalas ou recollelas.

Foi unha experiencia moi enriquecedora. 

Aceno  Grazas pola vosa colaboración.

 

Se queres ver mais imaxes, pincha aquí.

 

 

Distribuir contido