Saltar navegación.
Inicio

O CEIP San Vicenzo xa ten Nube

O nos centro xa pode presumir de ter nube propia. Isto que significa? non quere dicir que nos vaia chover mais ou dala sobra sempre que queiramos.

A nube é un xeito de chamarlle a unha palabra moito mais rara e comlicada :

"O servidor local de contidos".

Pois iso, que o servidor local funciona como unha nube imaxinaria que voa por riba do noso colexio e que ten comunicación directa con cada ordenador que hai nel. Á nube poderemos subir contos, xogos, programas educativos, imaxes, etc. O bo é que dende calqueira ordenador despois poderemos acceder inmediatamente e empregar os centos de aplicacións que ten a nube.

 


 

 

Contacontos na casa da cultura: Os dous porquiños e a porquiña

O outro día os nenos de infantil fomos a casa da cultura a ver o conto co título:

Os tres Porquiños.

Pero era un conto especial! eran dous porquiños e mais a súa irmá, a porquiña. Os porquiños non querían perde-lo tempo e mercaron as súas casas. A porquiña era moi traballadora e fixo unha casa de ladrillo con alarma antirroubos. Ao final os dous irmáns tiveron que ir a vivir a casa da súa irmá porque foi mai traballadora.

 

 

Proxecto Grimm

Proxecto Grimm, un proxecto de gran alcance sobre as Novas tecnoloxías nos centros educativos: ideas, actividades, recursos e xestión.

Proxecto Grimm funciona coma un blogue no cal se publican diferentes esperiencias e ideas que se están a incluír en centros educativos de toda España.

A Revista Galega do ensino

Damosvos a coñecer o novo portal da Revista Galega de Ensino que pasa a ocupar prenamente o eido dixital. Coa nova proposta esta publicación voótase moito mais dinámica, atractiva e accesible.

Dende a nosa web teremos un enlace permanente no menú dereito da páxina principal para acceder directamente.

 

 

Samaín de nivel

Finalmente o samaín pasou polo CEIP San Vicenzo, non sen poucos sobresaltos.

A nosa biblioteca convertiuse nun lugar lúgubre e desafiante no cal, todos aqueles/as que tiveron o coraxe de adentrarse tiveron a posibilidade de observar estranas transformacións dos cabácidos: marcianos de prata, subamarinistas, paisanos con boina, Frankestein, teteiras asesinas,etc.

     

Pero as sorpresas non remataron aquí, durante toda a xornada o centro veuse poseido polo escuro: estranos sons de portas que se abren, desgarradores gritos de horror, sobrecolledores tronos, berros de noxentas criaturas inimaxinables...Un senfín de sons inundaron os pasillos poñendolle boa dose de pánico ás clases hoxe.

Algúns alumnos/as levaron unha sorpresa ao comprobar que as súas clases se converteran da noite para a mañá na casa dos pesadelos.

O desenlace final foi verdadeiramente apocalíptico: como saída da mais terrible película de terror, unha bruxa sorprendeunos a todos e percorreu todas as aulas creando auténticas situacións de pánico.

 

Exitosa camapaña de recollida de castañas

Foi todo un éxito! a saída para recoller castañas por parte dos nenos e nenas de infantil durante o pasado xoves 21 de outubro deu abondosos froitos.

O traballo duro verase recompensado e este ano, se o tempo nos axuda, poderemos gozar dun bo magosto con unha morea de castañas.

 

 

 

Exposición: Un samaín de medo!

Este ano celebramos o Samaín no noso centro dunha maneira TERRORÍFICA. Xa sabedes! esa data chea de acontecementos inexplicables, seres doutros mundos e estranas criaturas se fan presa das nosas vidas por un día verdadeiramente arrepiante.

Pero, non vos adiantamos nada. Se queredes velo,terá que ser polos vosos propios ollos.

Haberá unha exposición na biblioteca de estranas criaturas feitas con cabaza e iluminadas por dentro. Estades convidados a visitala tódolos pais e nais que así o desexedes en sesión de portas abertas co seguinte horario:

Este Venres

Mañán: de 10.00 a 10.50

Tarde: de 16.00 a 16.30

Curso 2010/2011

Este ano comezamos o novo curso con grandes espectativas e ilusión.

¡Benvidos a todos e todas!

 

TEMOS VERMES DE SEDA!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

ESTE ANO ESTAMOS A COMPARTIR AS  NOSAS CLASES CON COMPAÑEIROS MOI ESPECIAIS..................

Os nenos están disfrutando e aprendendo máis sobre o ciclo da vida a través da observación duns  vermiños. Aí van algunhas fotos dos ovos e de como o ven os nosos rapaces e rapazas de infantil.

 

 

 

 

 

Os ovos eclosionan e saen uns vermiños moi moi pequenos:

 

 

 

 

 

 

Despois comezan a comer, e comer, e comer.... uns autenticos tragóns das follas de moreira!!! .. e vanse facendo grandes:

 

 

 

 

 

 

Cando xa se fan adultos comezan a botar fíos de seda e fabrican un casulo o redor de seu, e ahí permanecen metidos durante varias semanas:

 

 

 

 

 

 

E cando saen......................

para sabelo aínda teremos que esperar!!!!!!

 

 

Guettebog

18/02/2010 01:01
21/02/2010 01:01
Etc/GMT
uruswiononssdgcnqxtt, Dildos, CqcYyqA, auto insurance quotes, YsZsWiA, penis enlargement, SwxYaND, insomniainfoblog, VBQZLlk, betUS, dWQsqOE, Free Penis Enlargement, uluPbRA.
Distribuir contido