Saltar navegación.
Inicio

Blogues

ÚNETE! - POR UN MUNDO MELLOR!

 

Hai unha campaña chamada ÚNETE que trata de 16 días de activismo para eliminar as desigualdades entre os homes e as mulleres.Comeza o 25 de novembro, que é o día Internacional contra a Violencia de Xénero e remata o 10 de decembro, día dos Dereitos Humanos.

As nenas e nenos de sexto, coa axuda dos profes, montamos un photocall que estaba cuberto de frases contra o machismo; e o 25N sacamos fotos cos accesorios que fixemos.  Despois estivemos facendo unhas actividades para romper todos os estereotipos posibles e porque ninguén debe ser menosprezado, sexa home ou muller.

PHOTOCALL

Como o lema da campaña é “pintaomundodelaranxa” decidimos facer un crebacabezas, onde cada peza era un cachiño de mundo. Fomos a todos os cursos a explicar de que trata a campaña, o que pasa no mundo, lémoslles contos e proxectamos anuncios para falar sobre o feminismo, o machismo e os dereitos humanos.

ESQUELETO CONTOS

Cada día fomos engadindo unha peza do crebacabezas e un dereito, coloreada e escrito polo alumnado de cada clase. Unha peza e un dereito por aula.  Finalmente, o día 10 de decembro, vimos o resultado, o mundo pintado de laranxa xuntando o mundo do home e o da muller.

A campaña ÚNETEé presidida polo secretario da ONU. Esta campaña quere cambiar o mundo e nós tamén queremos. Desde este colexio queremos chegar a todas as persoas do mundo para que nos axuden a cambialo.

Queremos un mundo con igualdades e sen violencia de xénero!

Os nenos/as debemos comprender estas cousas para non cometer todos estes erros no futuro.

 

(Texto do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe San Vicenzo)

 

 

3 de Decembro - Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 

Dende a Biblioteca recomendamos algunhas  lecturas para os nosos nenos/as co fin de fomentar a integración das persoas con discapacidade.

CONTACONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS

25 N- LECTURAS PARA A IGUALDADE

CONTACONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS

LECTURAS PARA OS MÁIS PEQUENOS NO MES DE NOVEMBRO

  

     

 

 

25 N - Non a Violencia de Xénero

Dende a Biblioteca do CEIP Plurilingüe San Vicenzo tamén fomentamos a igualdade coas nosas lecturas.

25 N- NON A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 

 

  

   

Booktubers

Os nenos e nenas de 3ºe 4º de Primaria iniciaron a actividade Booktubers e recomendaron varios libros. Queredes coñecelos?

SAMAÍN 2019/20

 

Así celebramos o SAMAÍN este curso no noso cole...

 

Distribuir contido