Saltar navegación.
Inicio

Blogues

Relación de libros de texto para o curso 2018 - 2019

Publicada a listaxe de libros de texto para o curso 2018 - 2019.

HORARIO DE SECRETARÍA XUÑO

A partir do próximo venres 1 de xuño, o horario de secretaría será de 11.20 a 12.15 horas.

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018/2019

 

Orde do 9 de maio de 2018 que regula a participación no fondo solidario e axudas para adquirir libros de texto e material escolar, destinado ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigaroria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2018/2019, publicada no DOG núm. 95 de data 21 de maio de 2018

Prazo de presentación: ata o 22 de xuño de 2018.

Solicitude: Anexo I e II

Información completa: DOG núm. 95 de data 21 de maio de 2018

Información resumida aquí

 Data de publicación estimada de listaxes provisionais: 2 - 3 de xullo.

VISITA TURÍSTICA POLA CONTORNA

O pasado mércores día 11, os alumn@s de 6º curso de primaria fixeron unha ruta turística polos concellos de Vimianzo, Zas e Cabana de Bergantiños, visitando os Batáns do Mosquetín (Salto - Vimianzo), as Torres do Allo (O Allo - Zas) e o Dolmen de Dombate (Borneiro - Cabana de Bergantiños). Esta visita foi organizada polos Concellos nomeados, para que o alumnado coñeza o patrimonio cultural da zona e foi documentada pola Televisión galega mediante o programa Galicia Viva (min. 37:35 aprox).

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018/2019 - LISTAXE PROVISIONAL

Á vista de que o número de solicitudes de admisión non supera ás prazas ofertadas, todos as solicitudes están admitidas.

Ante esta resolución, poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Se non existisen reclamacións, esta listaxe de alumn@s considerarase definitiva.

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Cando se aproxime a data, daremos máis información.

Entroido 2018

Este ano para o entroido, decidimos traballar os traxes típicos do entroido en Galicia. E para amosar o colorido dos mesmos e a alegría dos rapaces e rapazas, fixemos un percorrido polos arredores do colexio.

 

DIA DA PAZ E CARREIRA SOLIDARIA

O día 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz cantando todos xuntos a canción de "Color Esperanza" e facendo una carreira solidaria para recaudar fondos para a asociación Save the Children, que axuda a nenos nenas de países máis desfavorecidos co fin de que poidan ter unha vida mellor. Agradecemos a todos/as a vosa participación e colaboración.

 

Admisión de novo alumnado para o curso 2018/2019

            Do 1 ao 20 de marzo ábrese o prazo de solicitude de admisión de novos alumnos no CEIP Plurilingüe San Vicenzo para o curso 2018/2019.

          A solicitude (procedemento ED550B), pódese recoller no centro educativo; cumprimentar e imprimir o anexo II , na aplicación admisionalumnado ou cumprimentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

            Acompañando á solicitude temos que presentar a seguinte documentación:

-       Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da familia se no formulario de solicitude denega a súa consulta.

-       Copia do documento acreditativo da idade do alumno (DNI, Libro de familia, Certificado de nacemento...)

-       Se un alumno cambia de centro debe presentar un certificado de matrícula do centro no que estea matriculado no curso 2017/2018 ou un documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos exixidos en cada nivel educativo ou etapa.

-       Copia do convenio regulador ou disposición xudicial de separación ou divorcio, se fose o caso.

            A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillos comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.

            Nos demais casos, requírese a sinatura dos dous titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a un deles con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

            Unha vez presentadas as solicitudes determinarase se hai ou non máis solicitudes que prazas vacantes. En caso afirmativo, abrirase o prazo para presentar documentación xustificativa dos datos do baremo (10 días hábiles a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo da solicitude).

                  Lexislación do procedemento de admisión:

 

Prazas vacantes para o curso 2018/2019

Educación Infantil

Educación Primaria

4º Educación Infantil

25*

1º Primaria

1**

5º Educación Infantil

2

2º Primaria

1

6º Educación Infantil

6

3º Primaria

4

 

 

4º Primaria

2

 

 

5º Primaria

25

 

 

6º Primaria

24

 

* Reservaranse 3 prazas para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

    ** Reservarase 1 praza para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

PROCESO DE RESERVA DE PRAZAS CURSO 2018 – 2019

       O próximo xoves, 1 de febreiro ábrese o prazo para solicitar a reserva de praza do alumnado de 6º curso de primaria que vai cursar 1º da ESO no centro adscrito (IES Terra de Soneira). O prazo para facer a reserva será do 1 ao 15 de febreiro e pode realizarse elixindo unha das seguintes formas:

  • Cubrindo a solicitude que se mandará a casa e entregándoa na secretaría do centro (no CEIP San Vicenzo).
  • Cubrindo a solicitude online , imprimíndoa e presentándoa no centro.
  • Cubrindo a solicitude da reserva directamente na aplicación admisionalumnado

        O alumnado que NON vaia a realizar a matrícula no IES Terra de Soneira, deberá realizar a solicitude de admisión no centro ao que decida optar. O prazo para esta solicitude será do 1 ao 20 de marzo.

  • Cando os postos escolares dispoñibles no centro de adscrición sexan suficientes para satisfacer a demanda existente, publicarase no taboleiro de anuncios deste centro e do centro de orixe.

    Neste caso, a reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio de presentación de solicitudes de admisión.

  • Cando no centro de adscrición o número de postos escolares dispoñibles non sexa suficiente para satisfacer a demanda existente, comunicarase esa circunstancia ao alumnado afectado mediante a súa publicación no taboleiro de anuncios do centro de adscrición e do centro de orixe.

    O alumnado afectado deberá presentar a solicitude de admisión no centro de adscrición na forma e dentro do prazo establecido (do 1 ao 20 de marzo), e posteriormente presentarán a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

 

Listaxes definitivas de admitidos e excluídos no programa Fondo de libros

Listaxe definitva de admitidos

Listaxe definitiva de excluídos

 

Os libros repartiranse aos alumnos cando empece o curso, a partir do día 11 de setembro.

 

Os vales de Axuda de Libros (1º e 2º de primaria) e máis os vales de Material (toda a primaria) que non se retiraron a data de 7 de xullo poderán retirarse a partir do 1 de setembro na secretaría do centro.

Distribuir contido