Neste curso

Os Bolechas chaman o 112

Braulio Bolechas estivo este martes co alumnado de terceiro de Primaria do CEIP Ramón de Valenzuela coa nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número único europeo 112.

 

 

A través de representacións teatrais, material audiovisual e obradoiros, Braulio explicou cando se debe chamar ao 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias para ter unha resposta axeitada en cada caso.

 

Os nenos puideron ver tamén un vídeo no que Braulio Bolechas amosa como funciona o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias. 

Tras a proxección o alumnado participou nun obradoiro destinado a afondar nos coñecementos adquiridos e aclarar posibles dúbidas, facendo especial fincapé na importancia de facer un bo uso do número de emerxencias 112. Unha mensaxe que poderán ampliar co material didáctico recibido ao final da actividade.

 

 

CALENDARIO ESCOLAR 2020-21

 

CALENDARIO DO CURSO: de acordo coa normativa oficial publicada na Orde do25 de xuño de 2020 pola Consellería

de Educación (DOG, xoves 09 de xullo de 2020):

 

  • CURSO ESCOLAR: do 10/09/20 ao 22/06/21.

 

  • VACACIÓNS DE NADAL: 23/12/20 ao 07/01/21, ambos inclusive.

 

  • ENTROIDO: 15, 16 e 17 de febreiro de 2021.

 

  • VACACIÓNS DE SEMANA SANTA: do 29/03/21 ao 05/04/21, ambos inclusive.

 

  • DÍA DO ENSINO: non lectivo a efectos académicos: 7 de decembro de 2020.

 

Agasallo de Arlit e Concello

 A empresa Arlit Deseño e Impresión, con sede no polígono Área 33 de Silleda, continúa mostrando a súa vertente máis solidaria nestes tempos de pandemia. Se no seu momento doou pantallas protectoras a distintos colectivos e concellos da zona, onte entregou a representantes municipais de Deza e Tabeirós-Terra de Montes case 6.000 fundas personalizables para máscaras cirúrxicas. 

Estes agasallos foron entregados onte por representantes do noso Concello a modo de agasallo xunto cun lote máscaras para o noso alumnado doados polo Concello de Silleda.  Esta boa iniciativa a disfrutarán os 2.700 alumnos de Primaria matriculados este ano nos colexios das comarcas.

Arranxos no colexio

Hoxe realizouse unha nova obra no colexio. Os operarios do Concello instalaron na entrada do pavillón unha tubaxe para a canalización da auga que vén do pavillón que provocaba unha gran acumulación de auga na entrada do mesmo.

Con esta obra o Concello soluciona o problema do novo acceso do alumnado do centro, dotando dun espazo máis seguro e seco.

 

 

O Ceip Ramón de Valenzuela na prensa de hoxe

Pincha na foto e accede o contido da Voz de Galicia 

Comezo curso 2020-21

Preparados, listos...XA

Data de incio das clases

Curso 2020/21

Desde o CEIP Ramón de Valenzuela estamos preparando o regreso ás aulas (seguindo o protocolo da Consellería de Educación) tomando as medidas de protección e adaptación axeitadas para a nova situación.

A través deste medio informarase das novas.

 

Esperamos comezar do mellor xeito posible coa axuda e colaboración de todos.

AVISO IMPORTANTE ÁS FAMILAS. AVALIACIÓN ORDINARIA

  • Lembrámoslle ás familas que a publicación das notas da avaliación ordinaria, publicaranse o día 19 de xuño a través da aplicación ABALARMÓBIL.

 

Instalación AbalarMóbil

 A aplicación gratuíta AbalarMóbil é unha ferramenta da Xunta de Galicia que lles permite ás familias consultar a información das súas fillas e fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar (por exemplo: ter coñecemento das faltas rexistradas, acceder ás cualificacións, etc). Por tanto, é moi importante que todas as familias dispoñan desta ferramenta nestes momentos nos que a comunicación debe canalizarse a través de medios telemáticos. A instalación é moi sinxela:

  • Se o seu sistema é Android búsquea e descárguea desde o Play Store; e se é IOS, desde o Apple Store.
  • O primeiro paso que debe realizar é o rexistro. Para iso debe introducir o seu número de teléfono móbil e premer en “Enviar”. A continuación recibirá unha mensaxe cun código que terá que introducir na pantalla correspondente e premer en “Enviar código”.
  • Na seguinte pantalla solicítase un contrasinal (mínimo 8 caracteres con algunha maiúscula, algunha minúscula e algún número), que será o que utilizará para acceder á aplicación. Deberá escribilo nos dous recadros e premer en “Aceptar”.
  • A continuación, aparecerá unha pantalla na que se indica que o rexistro foi completado correctamente. Para finalizar, soamente é preciso premer en “Continuar” e acceder a abalarMóbil co contrasinal elixido para poder visualizar os datos e toda a información do alumno/a.
  • Se lle aparece unha mensaxe de que o seu teléfono non está asociado a un alumno/a, ou de que existe máis dun usuario con ese número, mándenos un correo a ceip.ramón.valenzuela@edu.xunta.gal. Tamén dispón de asesoramento na Unidade de Atención a Centros (Tel.: 881 99 77 01. Correo electrónico: uac@edu.xunta.es).

Máis información, cun vídeo explicativo, unha guía de uso e un apartado de “Preguntas e respostas” en https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/abalarmobil.

Powered by Drupal - Design by artinet