Neste curso

O reto de Garabullo

Nunha nova actividade proposta polos equipos da Biblioteca e Dinamización da lingua galega o alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela disfrutou dun xogo para demostrar o coñecemento que teñen sobre a autora Xela Arias.

O alumnado encontrou esta mañá nas súas portas unha carta de Garabullo onde se lle facían unha serie preguntas que debían responder para acadar un agasallo. A chapa de XELA ARIAS!!

 

Exposición "Trasdeza pinta o camiño"

 O alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria visitou esta tarde no  Centro Cultural Vista Alegre a exposición “Trasdeza pinta O Camiño” un proxecto no que participa o noso Centro e na que puideron ver as obras realizadas polos artistas Vanessa Barcala, David Bibián, Amalia López, Juan Liñares, Marisa Miguélez e Adrián Penido, que participaron o pasado mes de marzo nunha xornada de pintura en vivo levando a cabo as súas obras do natural en diversos enclaves culturais e naturais situados en diferentes zonas da Vía dá Prata e tamén do Camiño de Inverno.

(Alumnado de 6º de Primiaria no Centro Cultural Vista Alegre de Bandeira)

 

Os lugares foran seleccionados polos estudantes dos distintos centros educativos silledenses e o noso Centro seleccionou a “Capela de San Blas “. Os traballos mostran estas paraxes baixo a mirada de cada artista e a través do emprego de técnicas e estilos diferentes. A exposición será itinerante. A súa primeira parada será no Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, onde estará desde o 17 de abril ao 17 de maio. Desde alí irá á Casa dá Cultura de Silleda onde se poderá ver do 18 de maio ata o 18 de xuño e posteriormente as obras mostraranse no Mosteiro de Carboeiro desde o 21 de xuño ao 25 de xullo.

(Alumnado de 4º e 5º de Primaria na exposición Trasdeza pinta o Camiño)

Caricaturas Xela Arias Ed. Infantil

O alumnado de 6º de Educación infantil elaborou unhas caricaturas de  Xela Arias nun taller de pintura. Visualiza o vídeo e descobre o seu gran traballo!

 

XELA ARIAS, Letras galegas 2021

 Achégase o día grande das Letras Galegas e o CEIP Ramón de Valenzuela, neste ano 2021, incorporá a Xela Arias aos seus recursos co traballo en prol da nosa lingua. A súa mirada incorfomista e creativa, como mestra, editora, tradutora e poeta,  convida a  facer lectores en galego a través da singularidade da súa palabra.

O noso Centro está a traballar un sin fín de actividades así que estade atentos a nosa Web! 

Amosámosvos o nova pintada na parede do Centro na honra de Xela Arias.

 Xela Arias Letras Galegas 2021

Muro do Centro

 

Educación Infantil sementa amorodos

Aproveitando o bo tempo o alumnado de Ed. Infantil sementou amorodos no horto da nosa escola. Preme no video e disfruta deste bo traballo!!

 

18 de maio día non lectivo

Lembrámoslles que o vindeiro 18 de maio será día non lectivo no noso centro. Polo tanto, non haberá clases.

Escola de familias "Máis que un teito"

 Continuando a labor que está a desenvoler o CFR de implicar ás familias na necesaria colaboración coa escola na educación dos seus fillos, este próximo venres 7 de maio celebrase ás 20:00 horas de forma online a conferencia "Desenréd@te! Unha aporta pola prevención comunitaria" Adición ás novas tecnoloxías e xogo online impartida por Antonio Rial Boubeta  aberta a toda a Comunidade Educacitva.

(Descarga o arquivo adxunto para máis información)

Gúmer Portas visita o noso centro

O pasado xoves o noso centro tivo unha interesante visita "Gúmer Portas" o locutor de Radio Lalín, coñecido nas ondas do 106.8 Fm do Concello de Lalín.

Nesta visita o alumnado 4º de primaria preparou unha interesante entrevista, onde se pudo ver un Gúmer moi cercano e participativo, nun lugar onde non acostuma estar.
 
Preme na imaxe e accede o resumo dese día.
Momentos da entrevista
 
 

Menú escolar mes de maio

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021-22

 

Comunicamos que todos os alumnos e alumnas que solicitaron praza para o vindeiro curso escolar 2021-22, están admitidos/as.

 

Powered by Drupal - Design by artinet