Neste curso

Día NON Lectivo

Queridas familias,

Lembrámosvos que o próximo MARTES 7 de DECEMBRO será NON LECTIVO no noso Centro.

O XOVES 9 retomaranse as clases con regularidade. Un saúdo
A Dirección
 

Comunicando en Igualdade

 O próximo Luns día 29 de Novembro o Centro levará acabo un Obradoiro con todo o alumnado de primaria dentro do Ciclo de actividades propostas para celebrar o 25 N.

 

Esta actividade organizada pola ANPA BRINCADEIRA forma parte dun Obradoiro dirixido a todo o noso alumnado como para todas as familias do mesmo. O taller levarase acabo durante toda a mañá , mentres que á tarde tocará o turno ás familias no Auditorio de Bandeira.

 

 

Magosto

Un ano máis o CEIP Ramón de Valenzuela celebra o seu tradicional Magosto.

 

Unha maña cargada de sopresas que comezou coa disputa da carreira, onde puidemos ver o gran estado de forma do noso alumnado que disfrutou cada metro co apoio dos seus compañeiros/as.

 

Feito o esforzó tocaba repoñer forzas disfrutando das castañas feitas por Mejuto.

 

Ao final da mañá tocou a entrega de medallas e recoller o agasallo de recordo pola participación na actividade que consistía nunha chapa diseñada por un neno do colexio.

 (Marisa facendo entrega da medalla aún dos participantes)

 

 

 (Agasallo alumnado diseñado por Adrián de 6º curso)

 

Charla sobre os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías

Onte o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiu a unha charla sobre "os riscos de seguridade nas novas tecnoloxías e nas redes sociais", impartida pola Garda Civil. Este Ciclo de sesións informativas forman parte do plan director para a convivencia e mellora da seguridade nos centros educativos e os seus entornos.

 

Lecturas Terroríficas!!!

Bos días, garabullos e garabullas !!

Esta última semana a Biblio preparou no hall do Centro  unha recopilación de libros no que destacan moitas  novidades que se incorporan:

lecturas de meeeeeedooooo, misterioooooosaaaaaaassssss, feitizaaanntessss, con segredos ocultosssss....                     

Mmmmm... pica a curiosidade, non si?

 

Pois xa sabedes,.... Para resistir a tentación, non hai mellor que deixarse caer pola Biblio, Animádevos!

Magosto 2021

12 novembro magosto de toni ensa

Samaín 2021

Sesión formativa: Acollemento familiar e protección de menores

O 29 de outubro celebrarase en Silleda unha sesión formativa para profesionais e persoas interesadas no acollemento familiar e na protección de menores. Será no centro social, de 10:00 a 14:00, organizado polo Concello dentro do convenio de colaboración co colectivo Acougo. A participación é gratuíta previa inscrición no teléfono 986 592 037.

 

 

Horario de saídas de outubro a maio

Horario de saídas de Octuro a Maio de CEIP de Bandeira Bandeira

Powered by Drupal - Design by artinet