Curso 2023-24

Laura de 1º e Lucía de 4º de Infantil con "GALLETAS DE NADAL"

Temos moitas receitas que están a chegar. Unhas das máis variadas e divertidas de facer son as galletas,  coma estas "Galletas de Nadal" que nos propoñen Laura e Lucía. Que pintaza!!

 

Hugo de 5º de Infantil con "GALLETAS DE MANTEQUILLAª

Que queredes de merenda polo Nadal? Hugo de 5º de infantil propón "Galletas de mantequilla". Unha idea estupenda para divertirse facéndoas e decorándoas e despois... A comelas!!

 

Noa de 4º "TARTA DE TURRÓN"

Que tal unha estupenda "Tarta de Turrón" para as Festas de Nadal? Noa de 4º tróuxonos esta receita!!

 

RECEITAS DE NADAL

Achégase o Nadal e o tempo de lecer en familia. Aos nosos nenos e nenas gústalles moito cociñar e propóñennos unhas receitas riquísimas de Nadal. . (Na foto vedes a Hugo de 5º de infantil que fixo unhas riquísimas galletas de Nadal). Aproveitade este tempo de frío e chuvia para seguir mandando máis recetas. Estamos agardando por elas. E se queredes ver algunha das que foron chegando premede na imaxe e xa veredes cantos manxares prepararon os nosos nenos e nenas...

 

3 DE DECEMBRO DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro foi o "Día Internacional das persoas con discapacidade". Dende o cole, grazas aos compañeiros e compañeiras de 4º, quixemos aproveitar esta conmemoración para ver máis de preto as dificultades coas que estas persoas se atopan a diario.

Recibimos a visita de usuarios e traballadores sociais de COGAMI (asociación que presta apoio ás necesidades das persoas con discapacidade, con centro en Medelo).

Foron varias as actividades que fixemos dependendo dos cursos. Así houbo: contacontos; actividades sensoriais grazas as que vivenciamos as dificultades que teñen aquelas persoas que carecen do sentido da vista, a mobilidade, etc; actividades de linguaxe signada e de braille; actividades de mobilidade reducida... Tamén falamos do seu do seu día a día, de como era o seu centro,...

Cantas cousas que non sabiamos e cantas cousas son capaces de facer!

Non esquezamos que todos e todas somos diferentes e ÚNICOS!

 

Ludoteca de Nadal

O Concello de Silleda, a través do departamento de Educación que dirixe Ángela Troitiño, organiza nas vacacións de Nadal unha ludoteca, en horario de mañá, para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no municipio. Esta iniciativa, que xa se estrenou hai dous anos, busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de Nadal, sumándose a outras iniciativas municipais neste mesmo ámbito, como o Servizo Lúdico Educativo.

A ludoteca, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, contará con actividades en Silleda e na Bandeira, de luns a venres dende o 23 de decembro ao 5 de xaneiro, sendo o centro de actividades o pavillón deportivo César G. Fares en Silleda e o auditorio Manuel Dopazo na Bandeira.

 

O custe deste servizo é de 55 euros (45 euros no caso da asistencia do segundo irmán/á ou sucesivos).

 

O prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns día 20. As persoas que desexen participar deben de cubrir o modelo normalizado de inscrición dispoñible no Rexistro municipal ou facelo a través da sede electrónica. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 592037. As prazas asignaránse por orde de inscrición.

Trátase de actividades que, á marxe do campamento de Nadal do Servizo Lúdico (que xa ten todas as prazas cubertas), fomentarán a participación e a creatividade dos nenos e nenas participantes, ofertando ao mesmo tempo unha alternativa de conciliación para as familias.

 

A OUTRA MIRADA DOS NENOS E NENAS DO CEIP RAMÓN DE VALENZUELA

Os nenos e nenas do cole uníronse para facer unha curta sobre o 25 de novembro, "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres", para demostrar que calquera aspecto da nosa vida pódese ollar doutro xeito. Sempre en positivo coas nosas lentes pola Igualdade e o Respecto.

 

SAMAGOSTO 2º

 

BO CURSO 2023-24!

AQUÍ TEDES UN RESUMO DA PRIMEIRA FESTA DESTE TRIMESTRE.

 

SON UNS NENOS E NENAS TERROFÍCAMENTE ADORABLES!

 

MOITAS GRAZAS POR COLABORAR COS SOMBREIROS.

Menús comedor novembro e decembro

Estamos de aniversario!!

 Ola familias!! Queremos compartir con vós algúns dos mellores momentos do cole. As celebracións de aniversarios. Xuntamos Radio Garabullo e Comedor escolar para celebrar os aniversarios do alumnado nacido nos meses de setembro e outubro e dalgunha que outra mestra.

OS alumnos de 4º foron os que aproveitaron para retomar un antigo programa de Radio Garabullo “Parabéns á hora de comer e as novas do tempo de lecer” agardamos que vos guste.

PARABÉNS !!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet