Curso 2023-24

Reserva praza no instituto adscrito IES Plurilingüe Pintor Colmeiro Curso 2024-25

O alumnado de 6º de Educación Primaria do Ceip Ramón de Valenzuela que desexe continuar os seus estudos no centro adscrito IES Plurilingüe Pintor Colmeiro , deberá realizar a reserva de praza

Información importante

Datas: 15 de xaneiro-5 febreiro

Información completa

Manual cubrir documento

Presentación de solicitudes (acceso aplicación)

  •   Telemáticamente
    • Cubrir a solicitude , asinar e presentala  no Ceip Ramón de Valenzuela
    • Cubrir   e asinar a solicitude telemáticamente na Sede Electrónica
  •   Forma presencial
    • Cubrir a solicitude manualmente e presentar asinada  no  Ceip Ramón de Valenzuela.

 

Descarga de documentos

Consulta da listaxe de alumnado admitido

  • 22 de febreiro no taboleiro de anuncios do CEIP Ramón de Valenzuela ou na aplicación  admisiónalumnado

RESUMO PRIMEIRO TRIMESTRE, CURSO 2023/24

 

 

UNHA VEZ REMATADO O PRIMEIRO TRIMESTRE, TOCA EMPEZAR UN NOVO ANO REVISANDO ALGÚNS MOMENTIÑOS DO ANTERIOR... FAI CLIC NA ESTRELA PARA VELOS. 

 

FELIZ ANO NOVO 2024!

 

FESTIVAL DE NADAL 2023

Gustouvos o Festival? Temos uns nenos e nenas que son uns artistas! Sabemos que non estivemos todos e todas os que queríamos estar, e... por iso, deixamos aquí os vídeos do festival para que os podades gozar coa familia ao completo. FELIZ NADAL A TODOS E TODAS!! 

APERTURA DO FESTIVAL con 5º e 6º: "All I want for Christmas is you" 

  

INFANTIL: Natillas de Nadal

1º de Primaria: A luz que nace en ti

2º de Primaria: " A Maxia de Nadal

 

3º de Primaria: Santa Claus is coming to town

4º de primaria: We are the world

 

4º de Primaria: Marcha turca

 

5º de primaria: Ai de min!

 

6º de Primaria: Navidad

 

Un serán co CLUB DE PETANCA de Bandeira

O alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de pasar unha tarde moi divertida co CLUB de PETANCA de Bandeira grazas ao proxecto XOGADE "Coñece o teu club".

Brais de 6º de Infantil fai unha composición de galletas de Nadal

Continuamos co Lembecazolas de Nadal e Brais de 6º de infantil proponnos unha fantástica composición feita con galletas. Unha paisaxe de Nadal! Unha idea fascinante para unha tarde de inverno e despois de decorar... A merendar!!

 

Martín de 5º "Panettone"

Chega o Nadal!! E Martín de 5º de Educación Infantil tráenos unha estupenda receita dun Panettone. Teñen unha pintaza estupenda!!

 

Manuel de 5º EI Roscón de Reis

Que tal un estupendo "Roscón de Reis" para as Festas de Nadal? Manuel de 4 anos de Educación Infantil tróuxonos esta receita!!

 

 

Youssef de 5º de EI fainos un rico postre navideño

Youssef de 5º de Educación Infantil proponnos unha receta navideña. vaia pintaza!!

 

CARTAS DE NADAL

O pasado xoves, os nenos e nenas do cole xuntámonos para escribir os nosos desexos de Nadal, os pequenos axudados polos maiores e todos e todas compartindo emocións e ilusións de Nadal. Foi unha fermosa xornada que rematou cun riquísimo chocolate. Aquí tedes un resumo dun día marabilloso. Aproveitamos para desexarvos un moi Feliz Nadal e Feliz Aninovo!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet