O equipo Alevín do Club A Quinta Futsal Tui xogau esta fin de semana o Terceiro encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 22 de Novembro de 2014, tivo lugar o terceiro encontro de liga de Futbol-sala, para a categoría alevín  do Club A Quinta FutsalTui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alex e Beltrán de 5ºB. Nesta xornada o Club Futsal Tui viaxaba a vigo, atopándose novamente con outra derrota.

Este curso é o primeiro ano de participación de este equipo la liga federada, o que se lle está facendo un pouco costa arriba, animamos a estes grandes xogadores a seguir xogando que seguro atoparan resultados favorables moi pronto.