O equipo Alevín do C.B. Tui xogau esta fin de semana o segundo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 15 de Novembro de 2014, tivo lugar o segundo encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB, que gañaron contundentemente aos seus contrincantes do equipo de San Jose de A Guía 22-73.
Tamén tivo lugar esta fin de semana o encontro do equipo alevín mixto do Club, no que xogan: Laura Castiñeira e Diego Carballo de 5ºA e Paula Russel de 4ºC. Este equipo tivo un dificil debut e rematou perdendo contra o equipo de Carmelitas.
Aquí vos deixamos unhas fotos que nos achegou como cada xornada Cristiano Artur de 5ºB