O equipo Alevín do C.B. Tui xogau esta fin de semana o primeiro encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 7 de Novembro de 2014, tivo lugar o primeiro encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB, que gañaron contundentemente aos seus contrincantes.
Tamén tivo lugar esta fin de semana o encontro do equipo alevín mixto do Club, no que xogan: Laura Castiñeira e Diego Carballo de 5ºA e Paula Russel de 4ºC. Este equipo tivo un dificil debut e rematou perdendo contra o equipo de Carmelitas.
Seguro que lles espera aos dous equipos unha gran tempada para disfrutar do seu deporte favorito, " O Baloncesto"