Campeonato Escolar de Campo a Través Tomiño

Campionato Escolar de Campo a Través

Instalacións Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño

Sábado de Novembro de 2014

O vindeiro Sábado  día 22 de Novembro, en horario de mañá, terá lugar a proba de Campo a Través, que organiza a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño en colaboración co Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra. A proba será en horario de 10:00h a 13:00h. Terá lugar  nas instalacións do Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño . Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres día 14 de Novembro, todos os participantes deberán entregar a folla de inscripción debidamente cuberta e asinada ás profes responsables do deporte escolar do cole. Os/as alumnos/as poderán desprazarse á competición coa súa familia ou no autobús escolar para dita competición.

Tamén podedes atopar máis información sobre os circuitos e a proba en: www.agrudebam.es

Para descargar a folla de inscripción pincha aquí