Campionato Escolar de Volei

Campionato Escolar de Volei

Pav Ceip Randufe

Mércores 19, 26 de Novembro e 3 de Decembro de 2014

O vindeiro mércores día 19 de Novembro dará comenzo a competición escolar de Volei, que organiza a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño en colaboración co Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra. As 3 xornadas que terá a Competición Escolar este curso serán, o mércores día 19, 26 de  Nov e 3 de Dec. Terán lugar  no Pavillón do Ceip Randufe . O horario dos partidos será o seguinte: 16:30h a 19:30h. Para participar en ditas xornadas o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres día 14 de Novembro, todos os participantes deberán entregar a folla de inscripción debidamente cuberta e asinada ás profes responsables do deporte escolar do cole. Os/as alumnos/as poderán desprazarse á competición coa súa familia ou no autobús escolar para dita competición.

Pincha aquí para descargar a folla de inscripción.

Tamén vos deixamos o enlace a Federación Española de Voley, donde podedes investigar sobre este deporte: www.rfevb.com

 

"Elegidas para Triunfar"

 E como este ano vai a ser un ano de Deporte de Cine, aquí vos deixamos unha película de voleibol, que se tedes oportunidade de vela, é moi Interesante. Conta a historia de dous equipos feminino de voleibol, As Madonnas e as Phantoms, que son grandes rivais dentro e fora do campo de xogo. Cando un feito tráxico as obriga a unirse, terán que deixar a un lado todos os seus problemas e diferenzas para así acadar gañar o campionato, e ademáis facerse grandes amigas. Esta emocionate e intensa película mostranos a dous grupos de persoas aparentemente opostas, pero que acabarán por descubrir o muito que teñen en común.