O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu segundo encontro da Liga 14-15.

O pasado Domingo día 18 de Outubro de 2014, tivo lugar o segundo encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Este  encontro foiTyde F.C.- A Guia da Guarda e os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando contundentemente:  5-0.

Os nosos parabéns e desexarlles que sigan tendo resultados favorables durante a liga.