O equipo Alevín do Tyde F.C comeza a Liga 14-15.

O pasado Sábado día 11 de Outubro de 2014, tivo lugar o comezo de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Este primeiro encontro foi Ponteareas- Tyde F.C. e os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando contundentemente:  0-5.

Os nosos parabéns e desexarlles que sigan tendo resultados favorables durante a liga.