O Equipo Cadete do Club Baloncesto Tui Subcampeón Galego da Copa de Galicia de Baloncesto

O pasado sábado día 4 de Outubro levábase a cabo no Pav. Vello de Tui a Copa de Galicia de Baloncesto de categoría Cadete Masculino. O C.B. Tui foi quen de gañar o seu primeiro partido na xornada de mañá que lle deu paso a final de dito campeonato.

No partido da final xogou un partido espectacular, co apoio do multitudinario público tudense que os animou de principio a fin.

O resultado final subcampeóns galego para o equipo tudense.

O Cesp Nº2 de Tui quere felicitar a estes grandes deportistas aos que lles espera unha meirande proxección no mundo do baloncesto. Parabéns!!