Deporte na Escola

DEPORTE ESCOLAR.

Bádminton Curso 21-22

O vindeiro mércores 25 de maio terá lugar a Xornada Final  da competición escolar de Bádminton, das  categorías Benxamín (3º e 4º), alevín ( 5º e 6º) e Infantil (Repetidores de 6º), no Pavillón Municipal de Tomiño. A esta xornada asistirá o alumnado clasificado nas xornadas anteriores, de non poder asistir a esta xornada, sería importante comunícalo a maior brevidade posible para darlle a posibilidade de asistir ao alumnado en reserva.  O autobús sairá ás 16:00h do colexio, pasará por Rafi, e Rotonda. A volta será aproximadamente ás 20:30h. Os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran, chandal do mesmo, merenda e auga. @s nen@s que vaian a Tomiño directamente terán que estar alí ás 16:30h. Se teñen algunha dúbida poden chamar ao teléfono: 650602161.