Deporte en Tui

IV Carreira de Orientación

Eurocidade Valença-Tui

O vindeiro domingo 29 de maio de 2022, levarase a cabo na Eurocidade Valenç-Tui a IV Carreira de Orientación. 

A 1ª proba levarase a cabo pola mañá en Valença ás 9:30h (PT).

A 2ª proba terá lugar pola tarde en Tui ás 16:30h (ES).

CAMISETAS: a inscrición para calquera das carreiras, só no caso das persoas adultas, conleva o agasallo dunha camiseta conmemorativa, da marca 42k. @s nen@s poden decidir se facer a inscrición de balde ou pagar pola inscrición, recibindo tamén unha camiseta. (O prazo para ter garantizada a talla elexida é o mércores 18/05/22 ás 23:59)

Se facedes a inscrición en grupos, debedes engadir ao carriño tantos compoñentes como persoas formen ese equipo (ata 4 persoas)

Esta Actividade de Orientación consistirá en visitar no tempo establecido tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa.

Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por equipo).

O prazo de inscripción está aberto e podedes realizalo na web:https://www.aromon.es/actividades/eurocidade2022/ ata o 25 de maio. O número de prazas son 400 persoas. Para calquera dúbida dirixirse a: escolaori@aromon.es