Horario de Campo a Través Escolar Zonal 21-22.

Horario  de Campo a Través Escolar Zonal 21-22.

Instalacións do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño

Mérccores 24 de novembro de 2021

            A proba de Campo a Través, en horario escolar de mañá, vai ter lugar o vindeiro mércores día 24 de novembro de 2021. A proba levarase a cabo nas Instalacións do CEP Pedro Caselles de Tomiño, dentro do recinto escolar e instalacións deportivas do mesmo.  Dita xornada está destinada os/as nenos/as de 3º e 5º de Educación Primaria, que competirán por equipo clase  e asistirán á proba cos seus titores e profesorado de apoio á mesma.

Tod@s @s alumn@s deberán levar merenda, a equipación do colexio e o chándal do mesmo se o tiveran. Os nenos e nenas asistirán a escola como calquera día normal de clase e sairán e volverán  ao colexio para levar a cabo a proba. Non varía o horario habitual e o desprazamento será en autobús gratuíto.

O alumnado de 3º sairá do colexio ás 10:00h e volta ao mesmo arredor das 13:00 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 11:30h.

O alumnado de 5º sairá do colexio ás 11:10h e volta ao mesmo arredor das 13:50 horas. A súa competición levarase a cabo aproximadamente ás 12:30h.

Todas as familias poderán asistir á proba para ver aos seus fill@s na xornada, desprazándose polos seus propios medios e sen acceder ás instalacións do CEP Pedro Casselles, para cumprir coas medidas Covid-19.

Plano do circuito para 3º de Educación Primaria. 

Plano do circuito para 5º de Educación Primaria.